Venres. 19.04.2024
El tiempo

As caras da Costa da Morte na Fitur

As caras da Costa da Morte na Fitur
Xente na presentacion costeira en Fitur Xentes vendo a presentación dos Camiños da Deputación Falabamos o outro día da ampla pero dispera presencia da Costa da Morte na FITUR. A verdade é que custa analizar a verdadeira repercusión destes investimentos, en todo caso, moi inferiores aos protagonizados en anos anteriores cos millonarios stands propios da Neria. En todo caso, temos visto unha maior participación privada e unha menor presencia política. En todo caso, estiveron o alcalde de Zas, Lolo Muíño, como representante da Deputación xunto a Xosé Regueira, o alcalde de Mazaricos Xoan Xosé Blanco, facendo unha definitiva aposta polo turismo: María Xosé Alfonso, alcalde de Muros, baixo o paraugas da “mancomunidade” Ría da Estrela; o alcalde de Muxía, Félix Porto coa Slow Food; ou o alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Resumindo, os produtos turísticos que estiveron presentes na Feira máis importante do ano foron o Xeodestino Costa da Morte, a través da presencia do CMAT e APTCM; o Camiño dos Faros, a través da súa Asociación e da comercializadora ceense Travels to Finisterre; o Camiño Muxía-Fisterra a través da Deputación e de Solpor; Muros a través da Ría da Estrela; o Concello de Muxía a través do movemento Slow Food; os Concellos de Mazaricos, Zas e Malpica. Xose Regueira na Fitur Xose Regueira, un dos "culpables" da aposta da Deputación pola Costa da Morte, na Fitur

Aprender e mostrar, unitariamente

Este 2017, é o ano do turismo sostible, e esperemos que os nosos representantes tomasen nota nas diferentes charlas, tanto nas tecnolóxicas como nas estratéxicas, pois a Costa da Morte ten todo para convertir este ano no mellor da nosa historia, facendo do turismo sostible, responsable e conservacionista, un verdadeiro motor económico. Ademais de aprender moito coas charlas (moi importante a formación dos nosos hostaleiros e políticos, por suposto), para moitos dos costeiros asistentes “a sensación é que a presencia da comarca é máis profesional e con máis traballo que outros anos”, comenta Jaki Traba do Hotel Mar de Fisterra. Para outros, como Alberto Caramés, director de Aviajes.com e o único touroperador que apostou pola Costa da Morte como destino, “é fundamental facernos fortes dentro da casa para que nos fagan caso fóra”. Caraméns sabe que “os hotaleiros están moi quedamos pero hai que facer un último esforzo e apostar polo CMAT, non porque sexa algo diferente a outros antigos entes (Neria ou Aptcm), senón porque vén con savia nova e con, o que eu creo máis importante, un cambio xeracional e de formas de ver a cousas”. O tamén director comercial de “VIDA Hoteles y Apartamentos” considera que ”a experiencia deste Fitur, pensando en Costa da Morte, non difiere moito da de anos anteriores, estilo o día da marmota, iso si, sen tanta presenza ao non haber subvencións para ir pasar 3 días a Madrid”. Caramés dubida das “promesas institucionas que case nunca chegan a bo porto”, e lamenta “o pouco interese que aportan os profesionais internacionas por un destino "de reencho", no que aínda non confían e do que poucos somos capaces de convencelos para conseguir entrar nas súas publicacións”. Caramés lembra ademais que o sector depende demasiado de Booking.

Ano da sostibilidade, unha gran oportunidade

Precisamente, collendo o fío do No Ano Internacional do Turismo Sostenible, os trasnos do Camiño dos Faros, consideran que "z Costa da Morte teno todo para converterse nun destino sostenible e responsable de referencia. É máis, xa o leva sendo toda a vida". Así o refrendaron xestores de destinos moi importantes nacionais e internacionais que, "dun turismo de masas se queren dirixir cara a ese tipo de turismo máis respetuoso". En todo caso, faise importante "conseguir conservar o que hai, mostrar a nosa forma de ser, o noso patrimonio tanto cultural como natural, que ese ecoturismo repercuta directamente nas comunidades locais asentando poboación e xerando emprego digno, que o sector primario ofreza produtos quilómetro 0, que non se perda a idiosincrasia das poboacións", "concienciado do que temos aos locais e aos visitantes". "Quen lle dese ao 95% dos destinos no mundo ter o que aquí temos e estar na posición que estamos para poder afrontar ese reto", apunta o trasno maior. "Só falta un plan. Pero está clarísimo".

 

De Camiños e Xeodestino

Picallo levando o Camino Fisterra Muxia a Fitur Jesús Picallo do Semáforo e de Solpor, levando o Camiño Fisterra Muxia a Fitur Entre a presencia costeira temos que destacar a aposta da Deputación polo Camiño Muxía-Fisterra. Foi Jesús Picallo, da Asociación Solpor, o encargado de presentar as belezas do noso treito peregrino. Ademais, das reunións poden saír cousas positivas, como un futuro convenio co proxecto “Peregrinos por el Norte de Hotel en Hotel”, entidade que promove a unión de todas as asociacións relacionadas co Camiño do Norte. Non podemos dubidar da presencia trasna nestas feiras. O Camiño dos Faros, a través da súa asociación, mantivo unha serie de reubnión scon outros destinos naturais e asociacións semellantes para intercambiar opinións. Ademais, o multitarefa Enrique Pérez Sampedro representou á axencia colaboradora Travels to Finisterre, promovendo o Camiño entre axencias e touroperadores extranxeiros, e apostando tamén polo concepto #bikefriendly. “Temos unha sensación positiva”, asegura Pablo Canosa, de As Eiras de Lires, e responsable da APTCM e do CMAT, que acodían tamén baixo o paraugas da Deputación. ”Traballamos moi duro en conseguir promoción para o Xeodestino Costa da Morte”. “Fixemos contactos moi positivos tanto en touroperadores como en promoción audiovisual”. Canosa destaca o interese dos operadores tanto no Camiño Fisterra-Muxía como no Camiño dos Faros, e tamén no mundo da gastronomía, “buscando, sobre todo, unha experencia turística alternativa e diferenciadora cun produto específico coma o noso”. Pablo Canosa da CMAT e APTCM e Enrique Perez Sampedro de Travels to Finisterre Pablo Canosa da CMAT e APTCM e Enrique Perez Sampedro de Travels to Finisterre  

MZ e Zas

Responsables de Mazaricos en FITUR Responsables de Mazaricos en FITUR Panfletos de Zas na Fitur Panfletos de Zas na Fitur Aproveitou Lolo Muíño para levar o patrimonio zasense a Carballeira de Zas ata Fitur. Ía en calidade de responsable provincial pero non puido deixar pasar a ocasión para espallar o acento soneirán por Madrid. Pola súa parte, xa repasamos a ampla presencia da MZ tanto pola feira como polos escenarios, coa presencia do alcalde e de Jorge Jurjo, dos Hostaleiros de Mazaricos, que non pararon de manter reunións, en boa parte relacionadas co Camiño de Santiago.

Slow Food muxián

A Asociación Muxía Turismo Rural participou xunto ca Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia na campaña de promoción turística "Muxía rural, destino slow" coa que os membros da Asociación queren ofrecer ao rural de Muxía como destino "slow" coincidindo con que Nacións Unidas decidiu que 2017 sexa o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento. A verdade casa ben o discurso coa temática da Feira deste ano e coas potencialidade da Costa da Morte:, que ten os tres ingredientes do turismo sustentable: a protección da natureza e a correcta xestión dos recursos naturais, o respecto á cultura e as tradicións, todo iso situado nunha contorna de lecer. JesúsTrillo afirmou que "a sustentabilidade é o elemento transversal do noso modelo de xestión", resaltou o labor das mulleres na asociación e mantivo que "a actividade turística de Muxía, vinculada de maneira indiscutible ao turismo rural, consegue xerar emprego continuado ao longo de todo o ano, ademais de fixar poboación" nunha zona de emigración. "O ADN da gastronomía tradicional galega leva impresa a palabra calma, ou se o prefiren en inglés, ´slow´, e por suposto que na nosa conciencia tamén. Por iso entendemos que unha redistribución equitativa da riqueza só é posible comprando a pequenos produtores locais, adquirimos alimentos ecolóxicos, respectamos aos nosos animais, á nosa terra e os seus ritmos e queremos preservar a nosa cultura a través da súa nosa gastronomía", explicou. Slow Food Muxia coa casa de Galicia na Fitur Comitiva da Slow Food Muxia coa casa de Galicia na Fitur  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios