Venres. 19.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
10:36
16/05/14

Analizando cos protagonistas a Previa da Final da Copa da Costa Xuvenil

Analizando cos protagonistas a Previa da Final da Copa da Costa Xuvenil
Protagonistas do Corme e do Dumbria Xuvenil

O domingo 18 enfróntanse, no Municipal de Vimianzo, o Corme e o Dumbría na final da Copa da Costa xuvenil. Os cormeláns intentarán que o Dumbría non repita o título do ano pasado, logo de que o equipo que estaba dirixido polo gran Pablo Conde superase ao Outes de Manu Roque por un axustado 3 a 2.

Todo o mundo espera un gran partido de fútbol desta final, xa que tanto o Dumbría coma o Corme son dous equipos que intentan facer un fútbol vistoso para o público, por tanto augúrase que veremos un partido limpo e con moita deportividade.

O Corme

Plantel Xuvenil do COrme 13-14-Foto-Jorge Parri

O Corme, o tamén chamado a Canarinha da Costa polo seu característico fútbol alegre, pretende repetir o título de copa acadado polos Alejo, Lucas e Pandi, entre outros. Os Juanma, Sergio Sueiro, Antoniño e Joshua, proclamáronse campións da liga da Costa e agora esperan redondear a tempada, e certo é que coa calidade da plantilla, que dirixe Manuel Suárez, calquera cousa pode pasar, porque o sangue azul e a afección sempre son unha inxección de moral moi importante para estes rapaces.

Sufriu e moito o equipo do Cairo para plantarse nesta final xa que o camino non foi nada fácil. Nos oitavos de final, o Corme superou aos seus veciños do Ponteceso por un resultado global de 4-2. Despois sería o Fisterra, conxunto que viña coa moral polas nubes logo de derrotar ao Malpica, pero o conxunto de Cordo soubo sufrir para alcanzar as semifinais, donde logo de dous partidos con moitos goles, os tantos en campo contrario pesaron máis e os da terra do Roncudo serían os que lograrían o pase a final ante un digno rival como foi o Muros.

Segundo nos comenta Manuel Suárez, o míster cormelán poderá contar con todos os seus efectivos salvo imprevistos de última hora.

O Dumbría

Plantilla Dumbria Xuvenil 13-14-Foto-Jorge Parri

O conxunto de Diego Lobelos e Óscar Leis chega como favorito a esta final, logo de ser campión de liga ademáis de levarse o título da liguilla previa á fase de ascenso. Os dumbrieses superou ao equipo cormelán nos dous encontros con resultados holgados, pero non se confían para nada xa que teñen o lema de que nunha final a partido único pode pasar calquera cousa. Aínda que os Marcote, Pablo Pardiñas, Couto e Duarte, entre outros, queren revalidar o título da pasada tempada acadado polos Miki, Álex Siaba, Isra, Jose….

Nos oitavos e nos cuartos de final, o Dumbría certificaría o seu pase de rolda no encontro de volta, ante o Xallas de Santa Comba e o Outes, respectivamente, mentres que nas semifinais sentenciaría xa na ida con un contudente 0 a 4 ante toda unha Esteirana. E na volta xa con todo decidido os de Esteiro vencerían por un axustado 0-1, que lle serviría ao conxunto branco para prantarse na final do domingo ante o Corme.

Yeray por lesión non estará dispoñible para Óscar Leis e Diego Lobelos, mentres que Lucas será duda ata o último momento.

Os protagonistas

  • 1.- Como ves ao teu equipo para afrontar esta final?
  • 2.- Quen cres que é o favorito? Por que?
  • 3.- Que opinas sobre o rival ao que vos ides afrontar neste encontro decisivo?
  • 4.- Como cres que vai ser o encontro?
  • 5.- Que esperas da vosa afección?.

Óscar Leis, adestrador do CF Dumbría

Oscar Leis do Dumbria-Foto-Jorge Parri

1.- O equipo véxoo ben, con gañas e ilusión para afrontar a final de copa. O noso obxectivo era chegar lonxe na copa para seguir competindo e non estar parados de cara a fase de ascenso.
2.- Son dos que pensa que nunha final a un partido non hai favorito.
3.- O Corme foi un equipo que me gustou cando nos enfrontamos. Ten bos xogadores e sempre tratan de facer bo fútbol. Nos últimos anos chegaron a varias finales e mesmo ese domingo estarán presentes nas dúas, o cal demostra que fan moi bo traballo. Aparte do título e ascenso en segunda rexional con xente moi nova.
4.- Polas dimensións do campo espero un partido con poucos espacios e de moita intensidade. Trataremos de levar a iniciativa e poder facer o noso xogo.
5.- A nosa afección espero que se divirta e sexa cal sexa o resultado anime aos nosos xogadores porque están facendo unha boa tempada.

Manuel Suárez “Cordo”, adestrador do Corme CF

Cordo mister Corme Xuv-Foto-Jorge Parri

1.- O meu equipo chega á final con ilusión e coa moral polas nubes, pero no aspecto físico non todo o ben que quixéramos debido ás lesións que levamos arrastrando desde a liguilla de ascenso, que eso tamén nos serviu para aprender e crecer como equipo.
2.- Creo que esta pregunta calquera que siga o fútbol da Costa a sabería contestar, pero por si hai alguén que non o sigue, o Dumbría é o único favorito posible porque leva un ano casi perfecto (e digo casi porque espero que non o sexa), ten nas súas filas unha pequena selección que ademáis fisicamente están moi por encima de nós.
3.- Do Dumbría destaco a presión que son capaces de facer durante todo o partido.
4.- Espero un partido moi disputado no medio do campo, cun Dumbría moi agresivo arriba. Un partido moi similar aos disputados na liguilla, só que este é unha final e a presión pode xogar o seu papel.
5.- Que vou esperar da mellor afección da Costa? Este sábado vendo o partido Corme-Outes, dous xogadores do Soneira que viñeron espiar o Corme para o sábado, falando con eles o primeiro que me din é, que bonito e que envidia ter un campo cheo cunha afección así. E eu respondinlle, que eso lógrase gracias a política do clube de darlle o protagonismo á xente da casa. Por certo, espero darlle a segunda alegría da tarde que merecen tanto ou máis ca nós.

José Marcote, xogador do CF Dumbría

Jose Marcote-Foto-Jorge Parri

1.- Véxonos moi ben. Aínda que levamos un mes máis ou menos algo máis floxos do esperado. Pero sendo o partido que é, todos vamos estar ao máximo nivel, sin dúdalo.
2.- Eu creo que a xente que está metida nesto do fútbol dirá que somos nós os favoritos, por equipo, por nome e polo que fixemos estas tempadas. Pero nunha final todo se iguala.
3.- Creo que é un bo equipo, coas súas limitacións coma todo, sobre todo cun bo medio do campo con Sueiro á cabeza, co que tuven a sorte de xogar con el no Luis Calvo.
4.- Eu creo que será un encontro moi igualado, no que creo que eles farán un sistema máis defensivo como nos fixeron na liguilla de ascenso no Cairo, aproveitando que o campo de Vimianzo é moi pequeño. O encontro resolverase na segunda metade.
5.- Pois espero que se anime a vir a ver o partido, que non o dudo, xa que o leva facendo todo o ano. E que ela será un factor importante para a transcendencia do partido.

Juanma Mourón, xogador do Corme CF

Juanma do Corme-Foto-Jorge Parri

1.- Ao meu equipo véxoo con ganas de que empece o partido e demostrar que todos non chegamos á final para rendirnos agora. Estamos con gañas de pelexar o último partido que a maioría de xogadores e o último da nosa etapa como xuvenís. Pero quen algo quere, algo lle costa.
2.- Como favorito non hai duda que é o Dumbría. É favorito polos seus encontros, onde demostraron gañando a liga e pelexando plenamente a fase de ascenso moi sólidos. No Cairo, démoslle moita guerra a pesar do 0-3 e creo que o resultado non foi xusto. Pero a Copa é outra cousa.
3.- A miña opinión do Dumbría é moi simple: é un equipo que demostrou a súa gran faceta e teñen gañas de máis. Pero cruzámonos Dumbría e Corme na final e nada se vai regalar.
4.- O encontro, se o Corme e Dumbría están ben, será un encontro moi igualado e decidirase en posibles erros de ambos equipos.
5.- A afección será o que nos dará ese plus de forza extra cando máis o necesitemos. E xa que este ano é un bo ano para o Corme, xa que pelexamos ambas categorías (infantís e xuvenís) e demostramos que hai futuro para rato. Só espero que a afección veña toda a animar e darnos as súas forzas xa que así, sería máis fácil levar o encontro adiante.

Outras entrevistas de David Castro

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios