Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un ano, un día, unha vida pola Enfermería

  • 6 Enfermeiras Eventuais en Loita da comarca asinan este artigo.
Enfermeiras Eventuais en Loita no HVX
Imaxe de arquivo dunha das concentracións das Enfermeiras Eventuais en Loita no HVX
Un ano, un día, unha vida pola Enfermería

12 de maio, Día Internacional da Enfermería do ano 2020, declarado ano da Enfermería pola OMS, xusto cando a figura da enfermería é máis visible e necesaria, pola grande crise Sanitaria na que vivimos, menuda casualidade!

Porque o 12 de maio? Porque ese día nacía Florence Nightingale en 1820, a "dama da lámpada" , nai da Enfermería Moderna. Esta muller, iniciou en Inglaterra a formación de Enfermeiras de forma reglada, como administradoras de coidados e con capacidade para formular as súas propias hipóteses diagnósticas independentes das dos doutores, pero como axuda e complemento a estas.

Outras das súas grandes formulacións é a importancia da hixiene e a alimentación dos doentes. Durante a guerra de Crimea, a onde chegaría acompañada dun grupo de mulleres ás que ela mesma formara, logrará reducir, a mortalidade dos caídos no campo de batalla, ademais de cos coidados das súas lesións e feridas, coa introdución dunha alimentación saudable e coa hixiene en todo o proceso asistencial.

Coñécese coma a "dama da lámpada" porque durante as noites no Hospital de campaña, paseaba polo pabellón acompañada dunha lámpada de catre en catre, valorando o estado dos seus pacientes.

Florence Nightingale é a Enfermeira máis recoñecida e laureada de toda a historia, pola modernización da nosa profesión, pero antes dela, as mulleres, fomos coidadoras de enfermos, dende que existe a humanidade, tanto nas casas, actuando como nais, fillas, parellas, coma en centros de enfermos, en guerras, pandemias, xa sexa dende figuras relixiosas, coma simples mulleres que se desvivian polo coidado dos seus veciños.

A historia, polo simple motivo de ser mulleres, non recoñeceu está labor coma unha profesión, senón coma unha obligación inherente á nosa condición de muller, incluso, cando codo con codo, cos doutores, ou en ausencia deles, fixeron fronte a pandemias coma a da peste negra, a gripe española, diferentes expedicións (coma o papel de Isabel Zendal portando a vacina da Viruela) ou guerras ó longo de toda a historia (onde cabe destacar a labor das Damas da Cruz Roja).

No ano 2020, envoltas e envoltos (denominamos Enfermeiras sexamos homes ou mulleres) na gran Pandemia Sanitaria da nosa época, a figura da enfermeira (incluíndo as nosas compañeiras TCAEs) volve a estar no punto de mira. Comezamos sendo (sin querelo) heroes e heroínas, enfrontándonos a este Virus só coas nosas mans (Kamikazes, nos chamaron os medios internacionais), sin medios adecuados, dando, en moitos casos a nosa vida por salvar a dos nosos pacientes, apartándonos das nosas familias para protexelos de nós mesmos; a ser, dependendo do político que o diga, culpables dos contaxios por pasear por España, por fabricar EPIS con bolsas de basura, cando según eles, tiñamos todos os medios ao noso alcance, por non saber realizar as tomas de mostras, non porque os test non teñan fiabilidade…

Todo o que vivimos o inicio do Estado de Alarma coas loubanzas e aplausos, era un espellismo que sabíamos que ía a rematar moi pronto, e así está sendo. Todos aqueles problemas polos que levamos loitando volven a aflorar con máis forza que antes da Pandemia: contratación precaria, falta de transparencia na contratación, aumento da carga de traballo, vulneración da experiencia profesional, uso de persoal só coma números para cubrir as necesidades…

12 de Maio de 2020, día Internacional da Enfermería, que quede grabado nas nosas retinas e nunca se nos olvide o vivido e quen estivo aí, ó pé de cada cama, dando a súa vida pola dos demais.

  • Puri Málvarez Lema. HVX.
  • Laura Canosa Louzán. HVX.
  • Iria Rodríguez Romar. HVX.
  • Bea Mandián Blanco. HVX.
  • Carla Suárez Martínez. HVX.
  • Digna Rodríguez Romar. PAC Vimianzo.
 

Novas relacionadas

Profesionais sanitarios en tempos de covid-19

12 meses 12 causas

Comentarios