Venres. 29.03.2024
El tiempo

A ANPA Uxío estreou o desfibrilador salvavidas

A ANPA Uxío estreou o desfibrilador salvavidas
Familia da ANPA Uxío e os tecnicos sanitarios co Desfribrilador-Foto-Rafa Quintans 2 Familia da ANPA Uxío e os tecnicos sanitarios co Desfribrilador-Foto-Rafa Quintáns

Despois da necesaria sesión de reanimación cardiopulmonar, a familia do CIP Eugenio López volveu vivir unha importante sesión, no marco de tres fermosas xornadas nas que aprenderon unha marea de cousas cos técnicos de emerxencias sanitarias do 061, e tamén con ASGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias). Durante os días da semana aprenderon como atender, proceder ante unha situación de emerxencia e aplicar a RCP.

E o peche final, o broche de ouro á semana, foi a presentación do DESA (desfibrilador), que dende a ANPA Uxío e o alumnado conseguiron a través do Proxecto Salvavidas, desenvolto ao longo do curso pasado coa venta de pulseiras.

Unha ANPA que se amosou tremendamente agradecida a todas as familias, profesores aónimos… que se achegaron a mercar unha pulseira axudando a conseguir esta máquina, que por outro lado, deberían ter todos os centros de ensino por defecto.

Instalando o desfibrilador no CEIP Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans Instalando o desfibrilador no CEIP Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans Familia do Eugenio Lopez e os tecnicos sanitarios co Desfribrilador-Foto-Rafa Quintans Familia do Eugenio Lopez e os tecnicos sanitarios co Desfribrilador-Foto-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-peques-do-eugenio-lopez-aprenden-a-salvar-vidas/

Máis novas

“Unha Xornada de convivencia e seguridade cos peques de Brens” — Que pasa na costa “Os alumn@s do Eugenio, solidarios con Costa de Marfil” — Que pasa na costa

Comentarios