Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Antón Sánchez: “Se a Xunta cumprise as directrices da paisaxe, o parque eólico Salgueiras nunca tramitaríase"

Antón Sanchez nas Salgueiras
Antón Sánchez no Monte Branco con Carlos Penedo
Antón Sánchez: “Se a Xunta cumprise as directrices da paisaxe, o parque eólico Salgueiras nunca tramitaríase"

Segue sumando rexeitamentos o parque eólico das Salgueiras. Tralo paso do BNG, esta pasada fin de semana foi o Antón Sánchez, portavoz Nacional de Anova, o que visitou a zona da man do activo Carlos Penedo, voceiro neste caso da plataforma pola defensa do monte As Salgueiras.

Sánchez foi rotundo: “Se a Xunta de Galicia cumprise as súas obrigas coas directrices da paisaxe e coa Rede Natura o parque eólico Salgueiras nunca tramitaríase”.
”O esteiro do Anllóns, o monte Branco, a praia de Balarés, os Cantis do Canteiro e as Brañas de Gondomil… son zonas protexidas polo seu interese ambiental e paisaxístico, mais desprotexidas pola política de desenvolvimento eólico da Xunta de Galicia”, denuncian.

Sánchez explica que “tanto o retraso na aprobación das directrices da paisaxe como o non-inicio da ampliación da Rede Natura como a Lei de Reactivación obedecen ao mesmo: o PPdeG traballa pra unha elite empresarial e contra o interese xeral”, denunciando que a “política eólica de Feijoo ten a vista posta no negocio duns poucos”.

Carlos Penedo espera seguir sumando apoios, e asegura que “estamos en contacto co PSOE para unha visita de un representante socialista ao monte Salgueiras”.

Novas sobre os eólicos

Comentarios