Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Antonio Domínguez: “Que haxa tantas candidaturas é porque a xente ve que o 'pueblo' non funciona”

Antonio Dominguez Candidato do PP a alcaldia de Cee eleccions municipais 2019-Foto-Rafa Quintans
Antonio Domínguez, Candidato do PP á alcaldía de Cee -Foto-Rafa Quintáns
Antonio Domínguez: “Que haxa tantas candidaturas é porque a xente ve que o 'pueblo' non funciona”

Comida mitin do PP de CeeEste sábado 11 de maio, ás 14:00h da tarde presentarse, coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a candidatura de Antonio Domínguez á alcaldía de Cee. Unha cita, baixo carpa, no polígono empresarial, que pode traer algunha sorpresa electoral, relacionada co propio polígono ou mesmo coas fábricas.

Antes, paramos co candidato do PP destas Eleccións Municipais do 26 de maio de 2019, para coñecer un pouco máis a súa proposta.

  • QPC: Antonio Domínguez volve á política despois de 9 anos fóra da batalla municipal. Por que?

Unha, porque a política me chifla, gústame máis a política que a un tonto un lápiz. Outra foi a grave enfermidade que me tivo dous meses no Hospital. Gracias á Virxe da Xunqueira estou ben, e me sentín moi querido, pois medio Cee pasou polo Hospital, amosándome mostras de cariño inmensas.
Agora vemos como está Cee, que levamos máis de 4 anos nos que todo é un desastre, e vemos como a Costa da Morte segue perdendo poboación e Cee ten que ser o motor da Costa da Morte, e por iso quero darlle un impulso. Cee necesita un alcalde que estea ás 8:00h e que traballe para o desenvolvemento do Concello.

  • QPC: Cres que as batallas internas do PP de Cee deste pasado ano afectarán a estas eleccións?

Penso que non. Creo que quedou completamente pechado. Os que se foron xa non eran do Partido. Cee o que necesita é un goberno forte, e ese partido é o PP, porque saben que imos facer o que xa fixemos cando gobernamos o concello, con todo o que fixemos durante 6 anos: as obras máis importantes dos últimos anos de Cee.
Por exemplo, no 95, cando eu chegaba, presentamos o proxecto do Hospital, e dous anos despois estábase inaugurando. Que sería de Cee hoxe sen o Hospital?
Dende o 2001 a 2007 tamén fixemos; a piscina climatizada, a máis cara de Galicia naquel entón; a estación de Autobuses; o mercado municipal, agora abandonado por completo; o Centro Comercial; o Parque de Bombeiros;  polideportivo cuberto de Brens... Se quitamos todo iso, que queda en Cee?

Ademais, en termos sociais creamos o CIM, dedicamos a Praza 8 de marzo á Muller; o servizo de Asistencia a Domicilio non tiña espera; creamos a teleasistencia…. Todo isto foi só en 6 anos.

Outras das obras das que máis orgulloso me sinto, e da que máis disfruta a poboación de Cee, é do Paseo Marítimo.

  • QPC: Que aporta Antonio Domínguez á estabilidade do PP local?

Sobre todo, experiencia e boa xestión. Á hemeroteca e aos feitos me remito.

  • QPC: Con que aspiracións chegas as estas municipais?

Chegamos coas aspitacións máximas para sacar unha maioría suficiente para gobernar e sacar a Cee do letargo que leva nos últimos anos. Traballamos coa perspectiva da maioría absoluta.

  • QPC: Apoiaríaste noutros partidos para gobernar?

Nós sempre contaremos co resto de grupos para gobernar con estabilidade, eu sempre contei co resto de grupos. Na política local non hai dereitas nin esquerdas. Se hai que traer unha empresa forte, se queremos unha residencia ou un Centro de Dia, iso non é nin de dereitas nin esquerdas.
Aquí, nun concello, a ideoloxía ten menos incidencia que a nivel xeral.

  • QPC: Cres que as eleccións Xerais do 28 de abril, e a caída do PP a nivel estatal, influirán nas do 28 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes?

Penso que as Locais son completamente distintas. Non teñen nada que ver, vemos en moitos concellos gañan partidos distintos. Vótase máis á persoa e ao equipo.

  • QPC: 7 candidaturas son moitas candidaturas… Como vés a cousa? Quen parte como favorito? Como cres que quedará o pleno?

Que haxa tantas candidaturas non me parece mal. Que haxa xente interesada en presentarse para presentarse de xeito altruista polo seu concello é algo moi positivo. Que haxa tantas candidaturas é porque a xente ve que o pueblo non funciona. Cando hai un goberno estable, que funciona, non se presentan tantas candidaturas.

Como quedará o pleno? Non o sei. Vexo, polo que recibo da xente, que o noso partido ten moi boas perspectivas, pero non sei como van saír o resto. Eu espero que teñamos unha maioría suficiente

Creo que os debates deberían ser obrigatorios por lei, para que a xente vira como se confrontan as ideas, para darlle facilidades á xente a escoller. A xente tennos que ver discutir, entón me parecen moi mal que non veñan. Iso significa que teñen algo de esconder, teño a impresión.

  • QPC: Nunha frase: Que necesita Cee?

Cee necesita moitas cousas, pero sobre todo necesita un goberno que traballe, que estea todos os días ao pé do cañón, e que se preocupe de sacalo adiante.

  • QPC: Cales son as 3 principais liñas do voso programa?

Todos os puntos do noso programa van enfocados á creación de postos de emprego para que Cee sexa a locomotora da Costa da Morte e que comecemos a fixar a poboación.

Por exemplo, queremos unha Residencia e Centro de Día, pois ademais de coidar aos nosos maiores.

Dotaremos ao polígono industrial de todos os servizos. Intentaremos que as empresas poidan xerar postos de traballo teñan o solo gratis.
Queremos ademais comunicar o polígono e o porto de Brens. O proxecto desa variante presentouse sendo eu alcalde e con Feijoo sendo Conselleiro. Veu a crise, e parou todo, pero agora temos que sacalo adiante. E que a comida do sábado sexa no polígono industrial non é casualidade...

Con respecto ao Turismo, necesitamos que os peregrinos fagan de embaixadores de Cee, e non pasen de longo. Cee necesita xerar emprego na economía, comercio… Nesa liña temos, por exemplo, que convertir o mercado municipal nun Mercado Turístico.

LIsta do PP de Cee

  • QPC: A túa lista está formada por: José Antonio Domínguez, Águeda Díaz, Victoria Areas, Alberto Cambeiro, Ramón Iglesias, Alberto Cambeiro, Tamara Pazo, Martín Trillo, Javier Carballo, Seila Lado, Cristina Lago, Cristian Caamaño, Cristian Romero e Cristina Guerreiro.
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

Temos unha lista completamente nova, que abarca todos os sectores da poboación, e de todas as parroquias. É un equopo completamente compensado, polo que non lle vexo son puntos débiles.

Levo un equipo preparado para que se apoien na miña experiencia porque eu non veño con vocación de permanencia, non quero perpetuarme. Quero que despois eles tomen o relevo para continuar o proxecto.

  • QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Cee para que se decantase pola túa candidatura? Cal é o teu maior valor para Cee?

O traballo ben feito mentres fun alcalde é o aval que eu presento para que a xente confíe en min.

Novas relacionadas

Comentarios