Venres. 29.03.2024
El tiempo

Anuladas a metade das denuncias por violencia de xénero rexistradas no primeiro trimestre do ano

Anuladas a metade das denuncias por violencia de xénero rexistradas no primeiro trimestre do ano
Actos do 25N celebrados en Cee por Buseranas Actos do 25N celebrados en Cee por Buseranas Entre os meses de xaneiro e marzo deste ano, os xulgados de Carballo e Corcubión recibiron un total de 22 denuncias por violencia de xénero. Segundo se desprende dos datos publicados esta semana polo Observatorio da Violencia de Xénero e que recolle o xornal dixital La Prensa de Carballo, a metade destas denuncias foron sobresaídas. O motivo polo cal estes casos foron paralizados ou suspendidos provisionalmente foi por non estar xustificada a perpetración do delito. Unha boa parte dos casos - entre o 22 e o 35% - resólvese elevándoos a unha instancia superior e só o 7,1% dos procedementos remataron en absolución. Os datos do observatorio do "Consejo General del Poder Judicial" tamén indican que pouco máis do 11% das denuncias deste tipo que se instruiron nos xulgados de Carballo durante o primeiro trimestre deste ano remataron cunha sentenza condenatoria; sendo un home de nacionalidade española o único condenado por esta lacra en Carballo. No caso de Corcubión, foron tres persoas as enxuizadas por algún delito relacionado co maltrato durante os tres primeiros meses do ano. Dúas delas recibiron condea e outra foi absolta. Baixada das denuncias No caso da Costa da Morte, o número de denuncias por violencia machista no primeiro trimestre do ano diminuiron máis do 21% con respecto ao mesmo periodo do 2015. En todos os casos, as demandas interpuxéronas as propias vítimas ante as forzas de seguridade. Con respecto ao ano pasado, aumentou o número de vítimas que se acolleron á dispensa de non declarar como testigo prevista no artigo 416 da lei de Enxuizamento Criminal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios