Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Anxo Garrido analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa

Anxo Garrido con Raquel Bello nunha das Galas
Anxo Garrido con Raquel Bello nunha das Galas
Anxo Garrido analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa

O terceiro especialista en analizar este comezo de temporada é o noso Anxo Garrido. Dende Cerqueda fainos un repaso ás 4 ligas da Costa.

Preferente

  • QPC: Como vés os 3 equipos costeiros de Preferente? Pasarán apuros ou estarán na zona media-alta?

Vexo tres equipos moi serios tanto no tema deportivo como institucionalmente que tamén é moi importante. Creo que estarán zona media, aunque teño dúbidas co novo proxecto do Xallas. Se tardan en enteder o novo fútbol do seu míster e os fichaxes non rinden pódelle pasar factura. Igualmente o Fisterra ven con dinámica gañadora pero xa están nunha nova categoría e non poden perder a súa confianza se non saen os resultados. Pero creo que manterán a categoría os tres.

 
  • QPC: A quen vés máis potente este ano? Que equipo se reforzou mellor?

O Sofán creo que é o equipo máis forte que cada ano vai subindo o nivel. En principio os tres teñen grandes reforzos en posicions que o necesitaban pero eso vaino marcar a competición.

 

1ª Galega

  • QPC: 5 equipos costeiros na categoría. Cres que algún dos equipos pasarán moitos apuros?

A verdade son moitos equipos, non vexo a ningún en postos de descenso directo pero os habituales arrastres poden traer problemas.

 
  • QPC: Cres que algún ten opcións reais de ascender?

Eso xa son palabras maiores, por experiencia apostaría polo Baio, pero ten que igualar a perfección da tempada pasada.

 
  • QPC: Como cres que se reforzaron os nosos equipos?

Os reforzos sempre son para sumar en positivo, foi un veran con moitos fichaxes e baixas en cada equipo pero creo que todos melloraron.

 

2ª Galega

  • QPC: Que equipos ves favoritos para esta Liga da Costa?

O Corme sempre é favorito; Ponteceso e Baíñas, se non teñen o baixón de cada ano poden dar moito que falar durante a tempada, e rondando cerca estarán Muxía, Cerqueda e algún equipo sorpresa.

 
  • QPC: Cales foron os equipos que mellor se reforzaron este curso?

Baíñas moveuse ben no mercado ademais equipos como Coristanco, San Lorenzo recuperan xogadores da casa que sempre é importante. O Cerqueda fichou xogadores consagrados pero tamén ten varias baixas importantes.

 
  • QPC: Que equipos pasarán apuros?

Lira e Cabana creo que pasarán máis dificultades.

 

3ª Galega

  • QPC: Que equipos ves favoritos para ascender á Liga da Costa?

Este ano non hai favoritos claros como en pasadas temporadas. Montelouro e Ameixenda sempre son competitivos en 3ª, ademais de Outes, Porteño e Camariñas. Entre estes pode andar o campión.  

  • QPC: Cales foron os equipos que mellor se reforzaron este curso?

O Laxe esta facer un plantel interesante se son costantes e creen poden pelear polo ascenso, o Ameixenda tamén fichou bastante xogador talentoso.

Novas relacionadas

Comentarios