Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Aparatoso accidente en cadea en Laxe

Aparatoso accidente en cadea en Laxe
O Mercedes vermello investiu a tres coches que estaban aparcados Pasaban das 23:00 da noite deste sábado cando un vehículo provocaba un aparatoso accidente en Laxe. A colisión acontecía na AC-429, pouco antes do Restaurante Zurich, cando o condutor dun vehículo (un Mercedes vermello) perdía o control (indicaba que foi por culpa dun vehículo que viña adiantando en sentido contrario a gran velocidade) e impactaba cun vehículo que estaba aparcado, provocando unha colisión en cadea que afectou a outros dous coches. En total eran 7 os coches que se viron afectados. Afortunadamente non houbo que lamentar feridos, pero o accidente provocou que moitos veciños se achegasen ao lugar.  

Accidente en Vimianzo

O pasado sábado, arredor da 13:30h tamén tiña lugar un accidente no lugar de Lexas, Carantoña, Vimianzo. Dous vehículos sufriron un accidente e tiveron que ser retirados polas grúas, non habendo atrapados pero si un ferido que foi trasladado nunha ambulancia do 061.

Comentarios