Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aparece unha Muralla Medieval no Campo do Rollo de Corcubión

Aparece unha Muralla Medieval no Campo do Rollo de Corcubión

As obras de Gas Natural en Corcubión deixan, alomenos, un tesouro de gran valor. Xa se toparan con unha "tagea" subindo dende a praza de Castelao, ou unha vella escola unitaria no Campo do Rollo. Pero o achádego de hoxe no propio Campo do Rollo dá para moito máis.

Parece ser que se trata dunha muralla que será, probablemente, época medieval de 4 metros de ancho, un descrubrimento de gran valor histórico, pois, como nos comenta o corcubionés Alejandro Lamas, "non existían probas físicas da existencia de Corcubión na Idade Media". É dicir, hai moitas alusións en libros e escritos sobre casas e hortas extramuros, pero non había unha demostración empíricas.
Ademais, segundo parece, no Arquivo Histórico de Santiago a historia de Corcubión é case que un misterio.

A muralla foi descuberta polos Servizos técnicos arqueolóxicos da empresa, que inmediantamente paralizaron a obra. Non implica isto que vai haber unha excavación e que vaia quedar ao descuberto e á vista de veciños e visitantes.
Pero o importante é que non se vai perder, e probablemente a cubrirán de novo, e facer unha sinalización no lugar.

Importante este achádego de dá vida a unha parte esquecida, pero recuperada cada ano a través da festa do Mercado Medieval. Así e todo foron moitos os perdidos polo Camiño, pois por exemplo o propio Campo do Rollo chámase así porque era o lugar da forca, pero nada queda de entón.

Iso si, hai outros tesouros que van saíndo á luz, como a porta descuberta o pasado 2010 que pode pertencer aos Moscoso ou unha posible representación do Santo Grial... Corcubión ten historia aínda por ensinarnos.

Novas relacionadas

Artigos históricos

Fonte

Fonte

Comentarios