Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Apoteosis musiqueira na Festa Folk na Fin do Camiño

Apoteosis musiqueira na Festa Folk na Fin do Camiño
Incrible concerto de Ses na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Incrible concerto de Sés na Festa Folk na Fin do Camiño-Foto-Chelo do Xastre Mareas de xentes ateigaron o recinto da Anchoa para rematar dun xeito máxico e apoteósico a XVIII Festa Folk na Fin do Camiño. Que mellor xeito de cumprir a maioría de idade cun festival onde se acaban as existencias, debido a que este ano todos os ventos sopraron na mesma dirección. Ou máis ben ao contrario, porque o vento do nordés, que o venres case tiraba con todo, ameazaba con facer unha noite de domingo crúa. Pero chegou o día, calmou o vento, quedou un día marabilloso e as estrelas se aliñaron na Anchoa para facer unha festa para recordar. Seguramente terá sido esta a edición con maior afluencia de xente, pero é que todo sumou. Ademais da máxica noite que se vivía a carón da Langosteira, os artistas escollidos pola Asociación Anchoa chegaban non momento moi importante das súas carreiras. Sen dúbida, Sés deixou os momentos máis emotivos do festival. ”Maxia pura”, tiña razón Soco Insua, as dúas de concerto estratosférico, ante un público entregado que tarareou moitos deses temas que xa son himnos para toda unha xeración de amantes da música galega. É certo que ao longo da tarde, por máis que a Anchoa se empeña en armar actividades, a abafante calor obrigaba a xente a ir a praia. De camiño, paraban un anaco na Anchoa, a bailar cos cabezudos da vila do Cristo, e dos Viqueiras de Ordes, que fixeron unha sesión vermú atípica e moi divertida. A partir das 17:00h comezou a foliada, e se ben non había moita xente (seguía na praia, claro), si que pode ser un exemplo do camiño a seguir para encher o día. Si que houbo máis rapazada na zona infanil, onde os inchables e a festa da escuma foron todo un triunfo. Festa da escuma na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Festa da escuma na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Os da Porfia na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Os da Porfia na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Antes de Sés queceron ben ao público as chaquetas de cores de Os da Porfía, que fixeron bailar tamén a todo o mundo sendo unha das gratas sorpresas. O peche correu a cargo de Los niños de los Ojos rojos, que deixaron a súa singular pegada, facendo mover o esqueleto a todo o mundo, a pesar de que as existencias se estaban agotando. I é que a xente estaba moi cómoda e aguantou ata o final do festival, que rematou as 5:00h, provocando que non quedase cervexa no recinto. En todo caso, unha gran nova, como o feito de que se agotaran tamén os vasos ecolóxicos, que asegura unha boa fonte de ingresos, e unha nova edición. De feito, os bravos membros da Anchoa xa están pensando na edición do ano que vén, e mesmo teñen algún nome xa na cabeza, que teremos que esperar para descubrir. Los ninos de los ojos rojos na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Los niños de los ojos rojos na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Maria Angeles Nemina e Soco Insua no sorte da Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Chelo do Xastre Maria Angeles Nemiña e Soco Insua, dúas das grandes organizadoras da festa, no sorteo con Héctor de Los niños de los Ojos rojos-Foto-Chelo do Xastre

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-concerto-de-ses-en-fisterra-ao-lado-da-langosteira-ten-que-ser-maxia-pura/ https://quepasanacosta.gal/na-festa-folk-ainda-mantemos-o-espirito-amateur-e-altruista-co-fin-de-pasalo-ben/

Máis novas

Fonte

Comentarios