Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aprendendo a usar o “aparello do demo” dende a terceira idade

Curso de telefono mobil para maiores en Noicela coa Cruz Vermella de Carballo
Curso de telefono mobil para maiores en Noicela coa Cruz Vermella de Carballo
Aprendendo a usar o “aparello do demo” dende a terceira idade

Santa Comba é un pioneiro na material. Levan anos artellando cursos de manexo do teléfono móbil para os maiores, cun éxito de participación radical. Este ano o Concello de Carballo, a través da Cruz Vermella, está desenvolvendo unha serie de cursos polas parroquias para axudar aos maiores a sacarlles partido e conseguir que os “aparellos do demo” acaben sendo os nosos cómplices para poder ensinar aos nosos netos.

Nos últimos dous meses, máis de 100 veciños e veciñas de Vilela, Carballo, Oza, Sofán, Berdillo, Lema, Noicela e Rebordelos tiveron a oportunidade de familiarizarse cos actuais smartphones gracias ás sesións do voluntariado da Cruz Vermella. Hoxe mesmo empeza o grupo de Sísamo, no que están anotados outros 18 veciños e veciñas.

Ademais dos asuntos máis básicos de funcionamento, as preguntas sempre rondal polo Whastaspp, para mandar fotos e vídeos. Pero ademais aprenden a instalar e usar APP útiles coma a do Sergas, que facilita a solicitude dunha cita médica.

Curso de fotografía

Curso de Fotografia de Carballo

Por terceiro ano consecutivo, a Concellaría de Cultura organiza un curso de fotografía coincidindo co certame Xosé Manuel Eirís. O encargado de impartilo será Ángel Cordero Gómez, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, que afondará na Lectura da imaxe fotográfica.

O curso vai dirixido a persoas afeccionadas á fotografía e ás artes plásticas en xeral, con ou sen coñecementos de fotografía. O programa inclúe tres sesións, que se celebrarán os días 24 de abril, e 8 e 22 de maio, de 20.00 a 21.30 horas.

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 17 de abril no Pazo da Cultura, e hai 30 prazas.

Comentarios