Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aprétanse as Ligas da Costa

Cerqueda-Bainas-foto-UD
Imaxe do Cerqueda-Baíñas-foto-UD
Aprétanse as Ligas da Costa

Nova xornada completa do Fútbol da Costa, nesta fin de semana marcada polo novedoso sorteo da Copa da Costa. Pero non parou de rodar o balón e o domingo tivemos un novo e intenso carrusel tecnolóxico en directo a través de www.futboldacosta.com.

Por arriba, na Preferente, unha de cal e unha de area. O Sofán volvía vencer fóra da casa e parece que respira por fin. Non así o Xallas, que caía ante o Dubra e métese en zona de posibles arrastres.

Xornada bastante positiva 1ª, onde os máis necesitados sumaron boas goleadas. O Fisterra sumaba unha nova vitoria pero non consegue recurtar co líder. Venceu o Baio, tras dúas derrotas seguidas, e venceu a Esteirana, que segue a súa espectacular escalada na segunda volta. Caían Dumbría e Soneira, deixando ao cadro soneirán algo preocupado.

Na Liga da Costa, volve apretarse a cousa. Recorta o Corme dous puntos tras vencer no derbi ao Ponteceso, no partido da xornada, e aproveitando o empate do Mazaricos en casa ante o San Lorenzo. O cadro cormelán colócase a 3 do líder amarelo, e saca xa 7 puntos ao Ponteceso. A 7 do líder fica agora o Volantes, sumando a súa 6ª vitoria consecutiva en Zas. Por arriba, os que parecen dicir adeus a loita polo título son o Baíñas que caía ante o Cerqueda, e o Muxía, que caía ante un Muros que conseguía tres puntos fundamentais na loita por evitar o descenso. Como os do Lira, ante o Cee; ou os Buño ante o Ameixenda, dúas vitorias que valen ouro nesa pelexa.

Na , o líder Coristanco aprazou o partidazo da xornada ante o Castriz polo pasamento dun familiar do seu xogador Lagoa. O Cabana sufriu para meter algo de presión vencendo, non sen apuros, a un Outes que se puxo por diante. Tamén tivo que remontar o Porteño para superar ao Corcubión e seguir afianzando a promoción sen descolgarse da loita polo ascendo directo. Na loita pola promoción, Castrelo e Nantón, que empataron, desaproveitaron unha boa ocasión para achegarse a Outes e Camariñas, que caía no derbi camariñán que supón a sgeunda vitoria do ano para As Baleas.

A base

Na base, o máis destacado foi o cambio de líder en Xuvenís, onde Os Miúdos sumaban a súa 6ª vitoria seguida ante un Cabana que viña líder e marcha por detrás do cadro muradán polo golaveraxe. O Corme, se vence o seu partido de menos, ficaría en todo caso un punto por riba dos dous, mentres o Fisterra queda a 5 puntos do líder, o Sofán a 9 (tras unha insperada goleada) e Esteirana e Outes (que vén como unha moto) a 10.

Xornada importante, a falta 6, en Cadetes, onde o Outes aproveitou que o Zas aprazou o seu partido para igualalo na táboa, mentres o Cee perdeu a ocasión de asaltar o liderato ao perder ante o Sofán, o 4º.

En infantís, Dumbría, Cee e Xallas seguen a súa pelexa goleando.

Ademais, remataron ademais 4 das ligas de F8, que xa tiñan o campión decidido.

Como se pon a Liga de Veteranos

Espectacular está a Liga de Veteranos, despois de derrota do líder, Zas ante o Soneira, que deixa a táboa con 3 equipos no alto da táboa (os dous equipos soneiráns xunto ao San Román), e San Lorenzo, que superaba ao Dumbría, ao que distancia case definitivamente, a 2 puntos.

Máis información

Comentarios