Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aprobada unha PNL para garantir o dereito ao voto dos mariñeiros galegos en alta mar

David Trillo Gallego, veciño da comarca que vive nos 7 mares, explica que "moitas veces é materialmente imposible votar"
David Trillo e capitan de mercantes
O costeiro David Trillo pasa longas temporadas embarcado
Aprobada unha PNL para garantir o dereito ao voto dos mariñeiros galegos en alta mar

Ben o sabemos na comarca, que aqueles que van ao mar longas temporadas, xa se poden esquecer de votar. Así o recoñece David Trillo Gallego, veciño da comarca que vive nos 7 mares, e que explica que "moitas veces é materialmente imposible votar". "Non hai interese nin vontade política", apunta, e pensa que se podería faser se ningún problema. "Fanse ata votasións de sndicatos nalgúns barcos"...

Pero semella que a “democracia”, ás veces esquece aos seus propios membros e os alonxa do seu meirande dereito.

A pesar da infindade de veces que o tema pasou polo Parlamento Galego e mesmo polo Congreso dos Deputados (xa en 2001), nunca houbo acordo para facilitar o voto, a pesar de termos xa ferramentas como o DNI electrónico que fan perfectamente doado o voto dixital.

Pode que algo cambie despois da aprobación, por unanimidade na Comisión 8ª, de Pesca e Marisqueo, dunha Proposición Non de Lei presentada polo Grupo Común da Esquerda (o que queda do Grupo parlamentario En Marea), para que se garanta o dereito ao voto dos mariñeiros galegos embarcados na frota de altura ou na mariña mercante.

”Se non se aprobou antes foi por falta de vontade política e polas escusas de sempre esgrimidas polo PP e o PSOE durante o seu debate”, denunciaba a portavoz Paula Quinteiro.

Ana Miranda considera un “grave erro” que na Comisión non exista unha carteira específica de Pesca

Mentres, en Bruxelas, a eurodeputada do BNG Ana Miranda vén de denunciar a proposta da recén nomeada presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, na que non existe unha carteira específica de Pesca, pois ficará dentro da carteira de Océanos. “É grave erro” que pode afectar de forma considerable á importancia dos asuntos pesqueiros en Europa e especialmente para o sector galego”, sinalou a nacionalista.

“Levamos anos vendo como se están deixando en segundo plano a pesca e os asuntos marítimos, ao mesturarse con outra competencia”, explica.

Novas relacionadas

 

Comentarios