Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aprobados os orzamentos de Corcubión nun pleno a medias

Aprobados os orzamentos de Corcubión nun pleno a medias

Este mércores 15 de febreiro de 2012 o Concello de Corcubión tiña unha das citas plenarias máis importantes do ano. A aprobación, xa con varios meses de retraso, dos orzamentos municipais, era o único punto do día. Un punto que viña precedido dunha negativa de PP e BNG nun pleno anterior, así como da amenaza por parte da alcadía de presentar da cuestión de confianza no caso de non saíren aprobados.

Así, a 15 de febreiro, o grupo de goberno presentaba as súas contas, tras unha semana na que se presentaron aos grupos da oposición e se celebrou unha comisión formada polos 3 grupos políticos do Concello.

Os grupos da oposición comezaron a valorar os seus puntos de vista sobre os orzamento reiterando "as poucas gañas de escoitar do alcalde" para reformular as cifras. O ton da conversa, como vén sendo habitual nos últimos anos, subiu, ata o punto de que o alcalde avisaba á edil do PP Gema Freire de que a "ía botar do pleno". Sen tempo a máis, Gema Freire e o segundo edil do PP Luís Abelleira, erguéronse en marcharon do Salón de Plenos.

O pleno continuou estudiando unha enmenda do grupo do BNG para modificar os orzamentos coa inclusión dunha partida relativa ao aparellador municipal. Pero cos edís do PP fóra a enmenda estaba destinada ao fracaso. Así se votou e se rexeitou pola maioría do grupo do PSOE.

Así se chegou o momento da votación máis importante do ano, que se desenvolveu con 7 dos 9 edís do grupo municipal. E como indican as contas, os orzamentos do 2011 quedaron aprobados por 4 votos (PSOE) a 3 (BNG), evitando que se fixera necesaria a moción de confianza, que crearía máis incertidume, se cabe, no Concello corcubionés.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios