Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Ardentía segue abraiando Carnota

Mar de Ardora en Boca do Rio-Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo
Mar de Ardora en Boca do Rio-Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo
A Ardentía segue abraiando Carnota

Durante a fin de semana xa comprobamos as incribles imaxes do mar de Ardora que cazaba Fins Eirexas dende Caldebarcos. Pero a bioluminiscencia defensiva desas algas chamadas Noctiluca continúa deixando unhas estampas incribles durante estas fermosas noites.

As imaxes que recollemos hoxe son de Manuel María Candamo, que aproveitou esta fermosa noite de mércores para xoves para baixar á Boca do Río e sacar estas estampas marabillosas.

Damian Varela fotografia a Drew Corme en Carnota co Mar de Ardora copia
Damian Varela fotografia a Drew Corme en Carnota co Mar de Ardora
 

Desexamos ver tamén o timelapse que está preparando o fotógrafo cormelán @Drewcormedj, que vemos aquí nesta imaxe de Damián Varela botada durante a fin de semana. Por agora déixamos este vídeo impresionante:

 

Novas relacionadas

Comentarios