Imprimir

Armouse unha barafunda polo Camiño

que pasa na costa | 05 de febreiro de 2020

A veciñanza da Barafunda quentando antes de saír a facer o Camiño dende a Alameda de Compostela-Foto-Rafa Quintans
A veciñanza da Barafunda quentando antes de saír a facer o Camiño dende a Alameda de Compostela-Foto-Rafa Quintans

Por Vimianzo ármase rápido un pequeno batifondo, ou algarada, ou barafunda cando os irmandiños toman a vila. Pero unha Barafunda boa, das festexeiras, das conciliadoras. Como quere transmitir a Asociación Barafunda Vimiancesa, que nacía a raíz da organización das Festas de San Vicente e as festas de Agosto de Vimianzo. Unha asociación pensada para artellar cousas de lecer para os seus veciños, como a recuperación do San Xoán, que se perdera nun tempo e que volve gracias ao movemento asociativo.

Neste longo curso, as xentes da Barafunda cambian festas por camiñadas, e o Camiño é un lugar perfecto para ir vertebrando, paso a paso, Galicia. Xa fixeron o Camiño dende Sarria ata Santiago, e agora están facendo o Camiño dende o Obradoiro ata Fisterra en 4 etapas. Esta pasada fin de semana facían a primeira, ata Negreira, e durante as vindeiras fins de semana completarán o Camiño ata a fin da terra, descubrindo milleiros de tesouros da súa propia comarca.

Xa teñen plans cando a rematen, pois ademais de facer tamén o Fisterra-Muxía, teñen gañas tamén de ver máis mundo, e irán en bus a Andalucía, visitando lugares como Málaga ou Granada. Estaremos atentos a ver se nos levan!

A Barafunda facendo o Camino-Foto-Rafa QuintansFamilia da Barafunda facendo o Camino-Foto-Rafa Quintans
Fotos de Rafa Quintáns.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/vimianzo/armouse-barafunda-polo-camino/20200205102913117127.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia