Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O arroaz da Pedra do Sal, icono da loita contra os plásticos

Arroaz contra os plasticos na praia Pedra do Sal-Carballo copia
O arroaz da Pedra do Sal, icono da loita contra os plásticos

Como xa pasa co peixe globo en Lariño e seguindo a liña da píllara de vimbio, o arroaz de pláscito reciclado da praia de Pedra do Sal convírtese nun novo icono da loita contra a contaminación. No marco do Proxecto LIbera e da campaña EuqueroRazo-Baldaio, o Concello de Carballo inauguraba onte a a escultura, realizada polos artesáns Fabián Lage e Inés Rodríguez coa colaboración de Aspaber (fixeron os fíos de plásticos con 300 botellas recicladas) e veciños/as a título individual.

A inauguración serviu tamén para realizar unha nova xornada de limpeza na que se recolleron 1.000 quilos de residuos, na súa maioría de plástico. Agora, quen queira, poderá recoller calquera plastico do areal para ir enchendo o bandullo do golfiño.

”A idea é concienciar, a ver se pouquiño a pouco podemos eliminar o plástico do mar, porque este é o legado que lles deixamos aos nosos fillos”, sinalou o artesán Fabián Lage.

Inauguracion do arroaz contra o plastico de Carballo

Acción de Costas contra os noiros de Razo

A empresa pública Tragsa ten previsto rematar estes días, coa reposición da varanda de protección na pista que discorre paralela á costa, as obras de consolidación dos noiros da praia de Razo no treito da zona da Cabreira no que se produciron importantes desprendementos pouco antes do verán. É a primeira fase do ambicioso proxecto de restauración ambiental da zona.

Quedará pois reaberto o paso peonil, pero non se permitirá o tráfico rodado, agás para vehículos de emerxencias.

Novas relacionadas

Comentarios