Non para a loita contra os recortes no Ensino Público. Xa recibimos numerosas queixas dende Laxe, a Ponte do Porto, Coristanco, Malpica ou Carballo. Hoxe volvemos escoitar as queixas dos pais carballeses e dos muxiáns do CEIP Os Muíños:
Mestre a 4 bandasO Consello Escolar e a ANPA do CEIP Os Muíños queren facer pública a situación na que se atopa un dos mestres do centro. I é que no presente curso exerce como mestre de Inglés no noso centro un compañeiro que itinera a outras catro escolas (EEI de Pereiriña e CEIP a Igrexa-Brens en Cee; EEI de Carantoña e CEIP de Castromil en Vimianzo) percorrendo entre elas 163 km semanais.<
Este mestre non dispón de ningunha hora de garda para realizar outras funcións no centro que non sexan a docencia directa. Ante esta situación reclamouse diante da administración no mes de agosto para que esta persoa non tivera que cubrir tantos centros, sen embargo a reclamación non foi atendida.
Ademais da dificultade que supuxo a elaboración do seu horario (tres centros teñen xornadas laborais diferentes) agora a situación vese agravada pola decisión de Inspección Educativa de que este profesor deixe de dar clase no CEIP Os Muíños para substituír a mestres das outras escolas co que, o alumnado do centro muxián, vese privado das sesións de Inglés que lle corresponden. Cada vez que se dea esta circunstancia, é preciso modificar o horario dos demais mestres do colexio.
Deste xeito, o Consello Escolar do CEIP Os Muíños, reunido o 16 de outubro de 2014, co apoio da ANPA “O FACHO”, considera que nestas condicións é imposible dar cumprimento ó establecido na nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Ensino.
Xa escoitabamos as súas esixencias hai un mes. Hoxe, a Asociación de Nais e Pais A Granxa do CEIP Bergantiños, informa dos acordos tomados na Asemblea de Familias celebrada o pasado mércores.
Así está a loita contra os recortes da LOMCE na Costa da Morte.