Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro, e o Castelo Rock, aseguran o compromiso de todos os partidos tras un tenso pleno

As Carrilanas de Esteiro, e o Castelo Rock, aseguran o compromiso de todos os partidos tras un tenso pleno
Pincha na imaxe para ver o vídeo do pleno

Tivo o pleno de onte, xoves 31 de xaneiro, unhas protagonistas especiais: As Carrilanas de Esteiro. A entidade, vendo con perspectiva as eleccións municipais deste mes de maio, e intentando manter o compromiso que o actual goberno de CxG leva demostrando nos últimos anos, nos uqe multiplicou por 10 a axuda municipal, mantivo sendas reunións cos grupos políticos para asegurar o compromiso dunha cantidade mínima que garanta a viabilidade da celebración desta Festa de Interese Turístico Galego, con máis de 30 anos de historia.

E para iso xa solicitara ao goberno que presentara unha moción no mes de novembro. Unha moción que non saíu ata esta semana, cando o BNG a levou a pleno a través do seu concelleiro Manu García. A idea é fixar un compromiso político (sen dotación orzamentaria asignada) para manter uns 25.000€ anuais para o Gran Prix que permita manter a exposición, a Baixada, o festival e o resto de actividades que organizan absolutamente de balde, e que significa un verdadeiro reclamo da vila.

Parecía todo en marcha cando o PP presentou unha enmenda para incluír na mesma moción a Asociación Praia do Castelo, de cara á organización do Festival Castelo Rock.

Unha enmenda que para as Carrilanas non debería chegar neste momento. Álvaro Creo, Secretario da Asociación das Carrilanas, lía este comunicado, crítico co intento da confrontación pero deixando claro que respecta e que estaría absolutamente dacordo que se fixera o mesmo tanto co Castelo como con outras entidades e eventos culturais do Concello.

A moción, coa enmenda popular, aprobouse por unanimidade, fixando unha cantidade para a Asociación das Carrilanas. E tamén para o Castelo Rock.

Un Museo para as Carrilanas

Ademais Asociación das Carrilanas quere conseguir afianzar o primeiro museo do mundo de Carrilanas, sen necesidade de depender das administracións ou do bravo Gerente, que xa vai para 90 anos.

A exposicion de Carrilanas de Esteiro foi moi visitada A exposicion de Carrilanas é un dos atractivos da fin de semana e podería convertirse nun museo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-10-para-as-carrilanas-de-esteiro/ https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-muros-ten-nova-candidata/

Comentarios