Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1

As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1
Carrilanas Esteiro 2016

Algún Gran Premio de Fórmula 1, e seguro que moitos de F2, non teñen tantos espectadores como o Descenso do XXIX Gran Premio de Carrilanas Esteiro Marques de Vizhoja 2016. Máis de 70 bólidos, feitos a man, tomaron parte nesta edición do Gran Prix, e fixeron disfrutar da emoción, e da risa, a unhas 25.000 persoas que ateigaron a costa do Maio, na vila muradá.

Nin a ola de calor, nin a perfecta xornada plaieira ou a atomizada axenda de festas que está a vivir toda Galicia puido frear as ganas de disfrutar do inxenio e do divertimento que caracteriza esta Baixada. Un descenso que ademais se desenvolveu con total normalidade e seguridade, e que se saldou simplemente con rasguños nalgúns dos tripulantes.

Os máis míticos

Mestre Xerente e Bolato copia O Mestre Xerente e Bolato non fallaron

Participantes de toda Galicia e incluso Portugal se incribiron nesta XXIX edición do Gran Prix. Entre eles, non faltaron pilotos e copilatos máis que habituais; de entre os máis laureados Ramiro García, “Gerente”, e Rodrigo Molinos, alias Bolato, membros fundadores do Gran Prix e almas indiscutibles da festa.

Con máis de 86 anos ás súas costas Ramiro García e o piloto máis veterano en competir e o que máis descensos polo Maio acumula. Fiel á súa cita, non só co descenso, senón tamén coa elaboración, deseño e posta a punto das carrilanas, Ramiro agradeceu onte dende o palco a gratitude que profesa a tódolos esteiráns por recoñecerlle a súa dedicación a Esteiro e ás Carrilanas.

Carrilanas Esteiro 2016-Mestre Xerente e Bolato 2 E tamén foron protagonistas pola noite

O podio, con foto finish

Ganadores do Gran Premio Carrilanas Esteiro 2016 Gañadores das carreiras rápidas do Gran Premio Carrilanas Esteiro 2016

O 1º premio na categoría de carrilanas rápidas foi para a escudería Cachys Boys con Fran Piñeiro ó volante, seguido de Bar Paluca e Árdelle o Eixo. A organización viuse obrigada a recurrir á foto finish para dictaminar a composición do pódium xa que a entrada en meta foi moi axustada por parte dos terceiros e cuartos participantes, a escudería Chiringuito de Cabanas.

A artesanía

E se a velocidade centrou boa parte do espectáculo, é tamén moi destacable a alta participación na categoría infantil e na de carrilanas de paseo, onde se puido disfrutar do rodamento de espectaculares carrilanas, entre elas a máis veterana das datada de 1988, e moitas outras que forman parte da exposición permanente da Asociación Deportiva Cultural Esteirana de Carrilanas.

Deste xeito, xa pensa a Asociación Deportiva Cultural Esteirana de Carrilanas nunha impresionante 30ª edición.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios