Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As chuvias do temporal Ana permiten mellorar o nivel do Encoro de Santa Uxía

As chuvias do temporal Ana permiten mellorar o nivel do Encoro de Santa Uxía
Asi estaba o Encoro da Fervenza hai apenas unha semanaAsi estaba o Encoro da Fervenza hai apenas unha semana Asi estaba o Encoro da Fervenza hai apenas unha semana Choveu máis que en moito tempo en Galicia, alcanzando marcas como os 232 l/m2 caídos en A Lama (Pontevedra), o récord de precipitación acumulada en 24h en Galicia de toda a historia. De feito, houbo un incremento de máis de 13 puntos nos encoros do país, chegando a un 55% de ocupación. Mención especial merece o caso do encoro das Eiras, o que abastece a unha cidade de Vigo que hai uns días estaba afectada unha grave crise por seca, e que pasou en apenas 24horas do 37,12% ao 73,4%, dando por rematada a alerta. Se ben na comarca a borrasca Ana deixou a súa pegada en forma de refachos de vento máis que de chuvias, algo si que se notou nos encoros da comarca. O encoro de Santa Uxía, usado para produción hidroeléctrica e de abastecemento, subiu un 26% o seu nivel de ocupación na última semana. Porén, o encoro da Fervenza subiu só un 2%. Se ben o de Santa Uxía (cunha capacidade de 18 Hm3) se duplicou o volume de auga (de 5 a 10 Hm3), no da Fervenza apenas aumento 2Hm3 o volume de auga encorada. Curioso é o feito de que xusto hai un ano o Encoro da Fervenza estaba aínda máis baixo, a un 21% de ocupación. Estes son os datos dos dous últimos Boletíns Hidrolóxicos de Augas de Galicia:
Encoro Ocupación 4 de decembro Ocupación 11 de decembro
Fervenza 42% 44%
Santa Uxía 30% 56%
Total Galicia - Costa 42% 55%

Os últimos 10 anos

Así e todo, os datos da comparativa dos últimos 10 anos é dura, e se agora o total dos encoros de Galicia apenas chegan ao 60% a estas alturas do ano soen achegarse ao 80%.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios