Martes. 23.04.2024
El tiempo

As comparsas agudizan a crítica en Fisterra

As comparsas agudizan a crítica en Fisterra
os-da-charca-fisterra A comparsa "Os da Charca" de Fisterra acadou o segundo premio co seu mundo de xoguetes A sátira volveu a ser a protagonista do concurso de comparsas celebrado este sábado en Fisterra. O agora peonil e agora non peonil da rúa Real, os horarios para sacar o lixo e a actividade do tenente de alcalde - Kuka Sar - nas redes sociais coláronse entre as letras comparsas participantes e tamén dos presentadores - Roberto e Adriana Traba - que, con grandes doses de sorna, puxeron en evidencia algunhas partes da xestión política do bipartito. entroido-fisterra-roberto-traba-velay Roberto e Adriana Traba conduciron o tradicional concurso de comparsas celebrado este sábado en Fisterra Cun pavillón ateigado de xente dende unha hora antes de que comezase o concurso, os fisterráns desfrutaron de máis de tres horas de espectáculo ofrecido polas seis comparsas participantes. A maquillaxe, a vestimenta, as coreografías e a posta en escea deixaban ver detrás de si os meses de traballo. pavillon-fisterra-entroido Centos de persoas encheron o pavillón de Fisterra dende unha hora antes do comezo do concurso As comparsas locais volveron a ser as triunfadoras da tarde. "Tortugas y peces" acadou - por segundo ano consecutivo -  a mellor valoración do xurado, obtendo así o primeiro premio dotado con 1400€. Moi seguidos estiveron "Os da Charca" e "Os Trotamúsicos" que se fixeron co segundo (1100€) e terceiro premio (800€), respectivamente. comparsa-tortugas-y-peces-fisterra O primeiro premio foi para a comparsa local "Tortugas y peces" inspirada na película "Maléfica" de Disney   comparsa-os-trotamusicos-fisterra "Os trotamúsicos" de Fisterra acadaron o terceiro premio coa súa particular versión da Arca de Noé "Yo-Gures" de Gures, "Os Aprechos.com" de Coristanco e "Mundo Picapiedra" de Cee tiveron que conformarse coa axuda de 300€ para cada unha. comparsa-yo-gures-fisterra Os "Yo-Gures" conmemoraron o seu décimo aniversario disfrazados de iogures   comparsa-aprechos A comparsa "Aprechos.com" de Coristanco representou os tradicionais traballos da labranza   comparsa-mundo-picapiedra Por primeira vez a comparsa"Mundo Picapiedra" de Cee participou no concurso de Fisterra Pero o #entroido de Fisterra non descansa. As actividades continúan mañá martes co concurso de disfraces infantil que será a partir das 17 horas na praza da Constitución. E xa o domingo, día 5, queimarase o "Polbo" na praia da Ribeira despois de percorrer as rúas da vila e do funeral na praza da Constitución.   Axenda de Entroido Fonte

Comentarios