Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño

As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
Un nutrido grupo de "criaturas caóticas" visitaron a praia de Ariño onde se reuniron con escolares do CEIP O Areal. Imaxe: Mar de Fábula Un nutrido grupo de "criaturas caóticas" visitaron a praia de Ariño onde se reuniron con escolares do CEIP O Areal. Imaxe: Mar de Fábula Dun xeito lúdico e didáctico á vez, os nenos e nenas do do CEIP O Areal de Camariñas tiveron a oportunidade de enfrontarse cun dos grandes problemas ambientais: o lixo que invade os oceános. Todos grazas a unha divertida iniciativa da asociación Mar de Fábula - tan preocupada polos miles de bastonciños que van parar ao mar -. Os actores principis destas xornadas de conservación de natureza celebradas o pasado martes na praia de Ariño foron un nutrido grupo "criaturas caóticas" que sairondo mar para establecer un animado diálogo cos alumnos e alumnas e respondéndolle así todas as súas dúbidas. De onde viñan, como naceron, que comían, que preferían mar ou terra, por que predominaban as arañas dentro do grupo,... éstas e outras moitas foron as preguntas ás que se tiveron que enfrontar as "criaturas caóticas". Incluso algunhas delas deixáronse coller polos máis pequenos. A asociación Mar de Fábula organizou esta xornada de conservación da natureza A asociación Mar de Fábula organizou esta xornada de conservación da natureza De forma simbólica, unha vez rematada a súa sesión de preguntas as "criaturas caóticas" nacidas do lixo que hai no mar regresaron ao fondo do mar.

Comentarios