Venres. 29.03.2024
El tiempo

As curtas cun móbil dos alumnos do IES Terra de Soneira

As curtas cun móbil dos alumnos do IES Terra de Soneira

Se cando dicimos que o audiovisual costeiro ten canteira é por algo. "Os perigos das redes sociais", "Novas tecnoloxías" e "Estudos on-line" son os títulos das curtas feitas co móbil que os alumnos do IES Terra de Soneira de Vimianzo veñen de presentar ao I Concurso de Curtas co móbil que prantexa a Xunta de Galicia. Un curioso concurso que trata de espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, ao tempo que se fomenta o traballo en equipo e se dan a coñecer as posibilidades que se abren no eido da formación e o coñecemento de novas tecnoloxías a través das aulas CeMIT.

Precisamente sabemos que unha das Aulas de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta que mellor funciona está no Telecentro de Vimianzo, e por iso a Xunta contou cos alumnos soneiráns para a curta. Entrementres outras vilas como Corcubión agardan porque se faga efectiva a promesa de poñela en marcha.

As Curtas

Os vimianceses participan entre un total de 22 curtametraxes realizadas por mozos e mozas de 8 centros educativos galegos.
As 22 curtas que entraron nesta fase final, realizadas por mozos e mozas entre 14 e 20 anos de idade, individual ou colectivamente, destacan pola súa calidade e orixinalidade. Ademais mostrana destreza dos participantes á hora de plasmar a temática obxecto deste concurso relacionada coas funcionalidades que ofrece a rede de aulas CeMIT como referente no acceso á formación en novas tecnoloxías e o seu impacto na vida cotiá.

Premios

Establécense tres categorías de premios tanto para o alumnado como para os centros que representan. O primeiro premio é un Netbook e 5 Ipod, o segundo unha videocámara e 5 Ipod e o terceiro unha cámara fotográfica e 5 Ipod.

Votación

Así, xa poden ir realizando as súas votacións a través da páxina de Concurso de Curtas a través do Facebook, ata o 20 de maio. Teñen de darlle a "Gústame” para votar polos que máis che presten. A nós, dende logo, préstannos os do IES Terra de Soneira!

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios