Martes. 23.04.2024
El tiempo

As familias aprenden a educar ca Fedanpa

As familias aprenden a educar ca Fedanpa
Fedanpa presenta Xornadas Aprende a Educar

O pasado venres, 10 de outubro presentaron publicamente as ANPAs da Costa da Morte e a deputación da Coruña, as xornadas “Aprender a Educar”, organizada pola AS-PG. Unhas xornadas enfocadas a pais e nais da volta con gañas de aprender.
I é que a familia xoga un papel fundamental no desenvolvemento das persoas porque é no seo familiar onde se realizan as primeiras aprendizaxes básicas e segue a ser, durante a infancia e adolescencia, un marco referencial de aprendizaxe da convivencia, de normas de conduta, de educación de sentimentos, etc. A colaboración estreita das familias e a escola é fundamental para garantir unha formación integral de rapazas e rapaces.

Pasará por varias vilas a proposta, que costa de dúas charlas: “A presenza dos menores na rede”, impartida por Jorge Castro Ruso, autor da páxina web “Menores en rede” e traballador das Bibliotecas Municipais da Coruña; e “A familia como contexto socializador”, cuia relatora será Mª Luísa Abad, orientadora e autora de numerosas publicacións sobre temas de igualdade.
A cronoloxía e contido das xornadas é o seguinte:

  • A Laracha: Casa da Cultura. Rúa Rosalía de Castro s/n.
    - A presenza dos menores na rede. Venres, 17 de outubro.
    - A familia como contexto socializador. Venres, 31 de outubroHora de comezo 20:00h.
  • Carballo: Forum. Praza dos bombeiros voluntarios. Hora de comezo: 20:30 h.
    - A presenza dos menores na rede. Venres, 14 de novembro.
    - A familia como contexto socializador. Venres, 21 de novembro.
  • Corcubión: Casa da Cultura. Rúa Médico Vicente Fraguela, 14. Hora de comezo: 20:00 h.
    - A familia como contexto socializador.Venres, 14 de novembro.
    - A presenza dos menores na rede. Venres, 21 de novembro.
  • Cabana: auditorio municipal, A Carballa 17-Cesullas.
    - A presenza dos menores na rede. Mércores, 29 de outubro.
  • Laxe: CPI Cabo da Area. Rúa Isidro Parga Pondal, 45. Hora de comezo: 19:30 h. .
    - A familia como contexto socializador .Venres, 7 de novembro.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios