Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Festas de Fisterra recuperan aos seus Cabezudos

As Festas de Fisterra recuperan aos seus Cabezudos
Cabezudos volveron sair polas ruas de Fisterra-Foto-Dario Gomez Cabezudos volveron saír polas rúas de Fisterra-Foto-Dario Gómez Lembrabamos hai pouco a fermosa historia dos cabezudos de Fisterra (e dos de Muxía). Pois xa están na rúa, e sairán, ademais de nesta Feira de Inverno, no Entroido, no Cristo e demais festa que se cruce polo camiño. A pasada fin de semana saíron pola rúa pero a chuvia obrigounos a resgardarse no Mercado Municipal, onde amenizaron precisamente a Feira comercial e artesanal. Desfilaron da man do Grupo de Gaitas Pedras Miúdas de Lires, e foron presentados un a un polo actor Pepe Penabade. Aí estiveron a Orca Vella, a Raíña Lupa, a peixeira, a redeira, o pirata, a vella, o vello,o mariñeiro, o gaiteiro e a pandereteira. Toda unha familia que dará moito que falar por Fisterra. [fbvideo link="https://www.facebook.com/paula.neminalires.5/videos/1894075247484874/" width="650" height="400" onlyvideo="1"] Todo o mundo pasou de medo, e as caras de emoción dos cativos e deses maiores que facían memoria daban conta da intensidade destes persoeiros. Tamén o disfrutaron os artesáns. Houbo que rematalos en tempo "record", a pesar de que un obradoiro como estes debería durar meses. O apuro das subvencións anuais, provocou algúns detalles mellorables pero @s artesáns, e a mestra, Viki Rivadulla, quedaron encantad@s. Cabezudos volveron sair polas ruas de Fisterra-Foto-Dario Gomez 2 Cabezudos volveron sair polas ruas de Fisterra-Foto-Dario Gomez 5 Cabezudos volveron sair polas ruas de Fisterra-Foto-Dario Gomez 6 Cabezudos volveron sair polas ruas de Fisterra-Foto-Dario Gomez 7 Cabezudos volveron sair polas ruas de Fisterra-Foto-Dario Gomez4

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios