Venres. 19.04.2024
El tiempo

As pelotas amarelas volven a Baio

As pelotas amarelas volven a Baio
baio-ten-a-pelota A vindeira fin de semana uns 60 comercios ofrecen descontos, pinchos a prezos especiais e As pelotas amarelas colgan xa estes días da maior parte dos bares, pizzerías, tendas de roupa, zapaterías, droguerías, xoierías, tendas de electrodomésticos, perruquerrías,... de Baio. Teñen todo preparado para a terceira edición de Baio ten a pelota que será este venres, sábado e domingo (12, 13 e 14 de maio). Unha exitosa campaña coa que a asociación de empresarios Comarca de Soneira pretende "incentivar o comercio na zona", tal e como di a súa presidenta, Tatiana Rellán Castro. Descontos de ata 20% nos comercios, tapas a precios especiais, máis de 1.000€ en premios, postos de artesanía e productos ecolóxicos na rúa, venta de coches adaptados para persoas con diversidade funcional, vehículos de segunda man, maquinaria agrícola, inchables, pintacaras,... son os principais reclamados da terceira edición. premios-baio-ten-a-pelota premios-baio-ten-a-pelota Os bares ofrecerán cadanseu pincho a un prezo único de 1,50 euros; 2,5€ se se acompaña con cervexa e 3€ con viño. Por cada consumición e por cada compra en calquera establecemento colaborador, o cliente recibirá un selo na súa tarxeta que deberá completar para participar no sorteo de premios. Unha vez completada a tarxeta haberá que depositala nos buzóns distribuidos pola vila. Haberá tres premios; un de 700€ en bonos a gastar nos comercios da vila, un segundo premio de 300€ en bonos e un terceiro dunha autocaravana para unha fin de semana. En total son uns 60 comercios e bares os que participan nesta campaña comercial que este ano ten un sabor algo máis amargo que nas edicións anteriores. "Os comerciantes estamos baixos de moral xa que nos últimos meses hai pouco movemento comercial e vese co peche de varios negocios na vila", recoñecen dende a asociación de empresarios. Para eles a autovía Costa da Morte - que quitou unha boa parte do tráfico de paso por Baio - non é causa desta baixada de movemento, se non que hai outros factores como a crise económica, o poder e a proximidade das grandes superficies comerciais e o auxe da venda online. directiva-empresarios-comarca-soneira Directiva da asociación de empresarios Comarca de Soneira que xestionan máis de 170 socios de toda a bisbarra "Ainda que estamos baixos de moral sempre pensamos en positivo polo que organizamos con moita ilusión campañas como Baio ten a pelota para devolverlle a actividade a vila", sinala Tatiana Rellán. Grazas á colaboración do concello de Zas, á axuda atmosféricas e á boa resposta participativa que esperan por parte dos veciños e veciñas de Baio e da contorna os empresarios confían en que esta campaña comercial sexa de novo un éxito.   Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios