Martes. 23.04.2024
El tiempo

As propostas asemblearias moven ficha

As propostas asemblearias moven ficha

Podemos gañaría as eleccións Xerais de novembro a día de hoxe, segundo o completo estudio que fai Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, da que formamos parte. Aínda está por ver se teremos algún Podemos nas Municipais de maio, pero os pasos están sendo dados.

Hai unhas semanas lembrábamos as propostas asamblearias e independientes de cara ás Municipais por toda a bisbarra. Falamos, por exemplo do Círculo Podermos Carballo, que deixa paso a Podemos Bergantiños por un lado e se centra na capital carballesa. Cóntannos que a pasada pasada tiveron asemblea constituínte, da que saíron con 4 grupos de traballo: grupo de comunicacións, grupo de organización e financias, grupo de portavocía e grupo de organización política.
Ademais contan un comité de benvida para explicar o funcionamento do círculo aos novos simpatizantes. Xa votaron a favor de ter presentación de podemos en todas as parroquias e aldeas carballesas, e xa prantexan a vindeira asemblea aberta, confirmada para este xoves 15 de Xaneiro ás 19:30 horas, na Rúa Fomento 21/23.

No resto de círculos da zona, non atopamos máis movementos.

APIN volve por Ponteceso

Tras un tempo de descanso, os membros da Agurapación Pondaliana Independiente (APIN), volven á carga. Comezan a presentar o seu novo equipo polo Anllóns, nun acto informativo no local da asociación o venres ás 20:00h. Irán por todas as parroquias para “contar a realidade do Concello de Ponteceso”.

Por Laxe, os compañeiros de Somos Laxe piden un cambio nun concello onde aínda non se saben que van ser os candidatos dos #PPSOE.

Nós Tamén Podemos con Compromiso

Santi Corzon candidato de Compromiso por Mazaricos

Por Mazaricos, o novo grupo de Nós Tamén Podemos segue traballando para intentar chegar a tempo para as municipais, botando un ollo ademais aos movementos no taboleiro político. E xa temos novidades pois o grupo acaba de anunciarnos que dan o paso de presentarse ás eleccións municipais baixo "Compromiso por Mazaricos", con Santi Corzón como candidato.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Novas electorais

Máis novas políticas

Fonte

Fonte

Comentarios