Imprimir

As protestas polos recortes da LOMCE chegan a Corcubión

que pasa na costa | 05 de decembro de 2014

Pancarta da Anpa Alén no CEIP de Corcubión contra a LOMCE

Dende a Ponte do Porto, Carballo e por partida doble, dende Muxía, Coristanco, dende Laxe, ou Vimianzo, así como a nivel comarcal por medio das Fedanpas. Xa nos chegaron queixas da comunidade educativa contra os recortes da LOMCE dende todas partes da bisbarra.

E hoxe nos chegan dende Corcubión, onde a Anpa Alén ven de pendurar a pancarta que propuxera ao colexio Praia de Quenxe de Corcubión e que foi aprobado en Consello Escolar. Coma xeito simbólico de rechazo a unha lei, A #Lomce, que consideran “discriminatoria, regresiva e inxusta”.
Outra Anpa costeira, arroupada pola Fedanpa, que estará presente de xeito activo na defensa dun ensino público baseado na igualdade de oportunidades para todas e todos sen excepción.

Manter o carácter decisorio dos Consellos Escolares

Paralelamente, a federación de ANPAs da Costa da Morte, informa aos novos consellos escolares xurdidos das recentes eleccións realizadas ao abeiro da resolución do 19 de setembro, que soliciten da dirección dos centros educativos que os Consellos Escolares continúen funcionando na práctica como o órgano de xestión e control de cada centro educativo.

A aprobación da Lei Orgánica 8/2013 LOMCE, na que se modifican substancialmente as bases reguladoras deste órgano colexiado, fai ás ANPAs da Costa da Morte é trala iniciativa da Confederación de Anpas Galega, informar deste xeito a cada centro.

Queren lembrar, en todo caso, os Consellos Escolares naceron para dar cobertura ao mandado do art. 27.7 da Constitución, onde di que “os profesores, os pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos, nos termos que a lei estableza”; e esta participación concretábase, entroutras competencias, na aprobación e avaliación do proxecto educativo, das normas de funcionamento, da programación xeral anual, na decisión sobre a admisión de alumnado, na aprobación da obtención de recursos complementarios, etc.

Segundo sinala a Fedanpa, "agora, a nova norma pretende converter ao consello escolar nun órgano simplemente consultivo, excluíndo á comunidade educativa (que tamén conformamos as nais e pais) da toma de decisións sobre o seu propio centro, algo que as familias debemos rexeitar".

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/as-protestas-polos-recortes-da-lomce-chegan-a-corcubion/20141205072521076964.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia