Martes. 16.04.2024
El tiempo

As redeiras de Corme e Malpica especialízanse no interiorismo

As redeiras de Corme e Malpica especialízanse no interiorismo
O alcalde de Malpica e as redeiras da localidade participaron no encontro do programa Enredadas da Xunta O alcalde de Malpica, redeiras da localidade e de Corme participaron no encontro do programa Enredadas da Xunta O pasado martes, 29 de marzo, celebrouse en Santiago de Compostela un encontro das participantes no programa Enredadas no participan redeiras de Malpica e Corme, ademais das de A Guarda, Cariño e Burela. No acto participou o alcalde malpicán, Eduardo Parga, xunto co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Segundo explicou Conde, no marco desta iniciativa que se desenvolve desde o 2012, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño realizou xa diferentes cursos de formación centrados nos complementos de moda, a bixutería ou as técnicas de enfiado. Froito das distintas actuacións deste programa da Xunta, os novos produtos elaborados polas redeiras incorporáronse aos puntos de venda oficial de Artesanía de Galicia, e a diferentes tendas de moda e artesanía. Ademais, desde o 2013 participan no encontro Corazón da Artesanía, que a Xunta organiza en Agolada, así como en diferentes feiras locais facendo demostracións e venda. As redeiras estiveron tamén representadas por unha profesional da Guarda e outra de Corme no stand da Semana de Galicia no Pavillón de España na Expo Internacional de Milán 2015. Camiñando cara o interiorismo A Consellería do Mar e a Consellería de Economía, Emprego e Industria compremeteuse a seguir colaborando durante este 2016 para darlle un novo pulo a estas actuacións, coa continuación dos cursos de complementos de moda e bixutería e coa introdución de novos campos de actuación vinculados a disciplinas como o interiorismo e o mobiliario, co obxectivo de impulsar novas liñas de produto e atraer ao proxecto máis profesionais, que contan así con ingresos complementarios. Segundo sinalou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia hai preto de 240 redeiras con carta de artesá, un 25% máis que en 2012. Tanto a elas, como ao resto de redeiras de Galicia, vai dirixido o programa Enredadas, que contará este ano con profesores como Charo Froján e Alfredo Olmedo, da firma téxtil D- DUE; Montserrat Álvarez, directora do estudo de deseño de Ronan e Erwan Bouroullec de Paris; a deseñadora de moda Rosalía Castro, ou o deseñador industrial Juan Ares e a gañadora na categoría Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía Idoia Cuesta. Pola súa banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou “a importancia da formación, da diversificación e da especialización” e neste campo, dixo, “somos mellores cando imos xuntos, pois a suma dos esforzos de todos supón unha multiplicación dos resultados”. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios