Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As redeiras toman o Gaiás polo 8M

Redeiras de Galicia no Gaias
As redeiras toman o Gaiás polo 8M

As redes das nosas Redeiras están no Museo Centro Gaiás. A exposición de fotos promovida pola Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’ está na Cidade da Cultura co gallo do 8M. Alí foron a inauguración a malpicá Verónica Veres, presidenta do Peirao, e a cormelá Rosa Rodríguez, artesá a presidenta da Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme.

“Redeiras. Unha profesión con historia” é unha mostra itinerante que vén de estar en Malpica de Bergantiños. Está composta por 25 fotografías, realizadas pola comisaria Xela Rodríguez, que foron tomadas en tres localidades galegas vencelladas ao mundo do mar para reflectir os procesos artesanais deste oficio e para darlle visibilidade o labor das mulleres no sector pesqueiro, ao mesmo tempo que para empoderar este colectivo.

A exposicióne estará aberta no Museo Gaiás ata o 12 de abril e serve para recoñecer a contribución deste colectivo ao desenvolvemento e sustentabilidade no sector económico da pesca.

Veronica Veres con Anxo Lorenzo no Gaias ca exposicion de redeiras
Verónica Veres co Conselleiro Anxo Lorenzo no Gaias ca exposicion de redeiras

Novas relacionadas

Comentarios