Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As técnicas de Servizos Sociais de Carnota e Muros expuxeron a crúa realidade que sofre a súa área á deputada Ánxela Franco

As técnicas de Servizos Sociais de Carnota e Muros expuxeron a crúa realidade que sofre a súa área á deputada Ánxela Franco
Tecnicas dos Servizos Sociais de Carnota e Muros reunironse con Anxela Franco Tecnicas dos Servizos Sociais de Carnota e Muros reunironse con Anxela Franco

En marcha puxéronse os departamentos de servizos sociais Muros e Carnota para a elaboración do diagnóstico do Plan de Acción da área coa axuda da Deputación. A reunión das técnicas de ambos concellos coa deputada nacionalista de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, serviu para poñer de manifesto as debilidades e fortalezas da área, ao tempo que cuestionaron, de maneira especial, o retraso na valoración de dependencia por parte da Xunta.

Ademais, o persoal técnico fixo constar o déficit de equpamentos para persoas maiores xa que só existe un centro de día do Consorcio en Muros.

A cita enmárcase nunha das 18 visitas que realizará a deputada para escoitar ao sector e poñer a andar o Plan de Acción de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/no-momento-no-que-tomas-consciencia-de-que-estas-sendo-vitima-da-violencia-machista-a-saida-esta-en-solicitar-apoio/

Comentarios