Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Torres do Allo estrean folletos

As Torres do Allo estrean folletos
Cunha imaxe totalmente renovada, as Torres do Allo acaban de estrear uns folletos turísticos a través dos cales se fai un resumo dos puntos máis importantes dun dos pazos máis antigos de Galicia. As fotografías e as ilustracións son os protagonistas destes folletos editados polos concello de Zas. Os folletos, que teñen formato de tríptico, están dispoñibles en galego, castelán e inglés e poden descargarse na páxina web municipal. Do deseño e redacción encargouse o xornalista Manuel Rial. Visitas guiadas Durante os meses de inverno o pazo das Torres do Allo permanece aberto de venres a domingo en horario de 11 a 19 horas. Os sábados e domingos hai visitas guiadas ás 13 e ás 17 horas. Os interesedos en descubrir os segredos que agocha o pazo poden concertar visitas dentro do horario de apertura chamando con antelación ao 663 249 974. Tanto a entrada ao pazo como as visitas guiadas son gratuitas. Máis información Novas relacionadas Fonte  

Comentarios