Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo, novo punto de encontro na Semana Santa costeira

As Torres do Allo, novo punto de encontro na Semana Santa costeira
Mostra_Traxe tradicional Torres_do_Allo copia

A Semana Santa de Fisterra, a Mostra Víndemo Ver de Carnota, a Fervenza do Ézaro, a Mostra do Encaixe de Camariñas… Son algunhas das citas obrigatorias da Semana Santa da Costa da Morte. Citas ás que lle teremos que sumar, a partir de agora, a visita ás Torres do Allo, que amplían a súa programación para recibir máis e máis visitantes.

Ademais da exposición sobre o Traxe Tradicional, composta por pezas únicas da comarca de Soneira, fotografías antigas e recollidas da zona, o pazo abrirá as súas portas máis ca nunca: do 24 de marzo ao 1 de abril en horario de 11:00 a 20:00 horas.

Mantéñense as visitas guiadas gratuítas á 13:00 e ás 17:00, pero ademaism ligados á Mostra do Traxe, albergarán dous obradoiros relacionados coa confección de indumentaria tradicional. Un de fiaños, organizado polo grupo de baile tradicional Churía, que terá lugar o domingo 8 de abril; e outro de elaboración de colares, organizado pola Asociación Cultural Adro, que se desenvolverá o domingo 22 de abril. Os talleres teñen un número limitado de prazas e un custe de 12€ por persoa para cubrir os materiais necesarios. A inscrición para participar neles poderase facer durante toda a semana santa na propia recepción das Torres do Allo ou a través do correo electrónico [email protected].

Visitas teatralizadas

Esta Semana Santa volven as visitas teatralizadas ao Pazo do Allo a cargo de Os Quinquilláns. O venres 30 e sábado 31 de marzo ás 19:00 horas, Vítor López-Seoane e Francisca de Riobóo farán un percorrido polas Torres do Allo explicando a súa forma de vida e curiosidades do día a día no pazo. Unha forma diferente de coñecer a historia do pazo máis antigo de Galicia.

Tamén para as familias continúa o xogo de pistas "Os Secretos Ocultos nas Torres" que se pode realizar en calquera momento en horario de apertura. Unha actividade de balde para facer cxs nenxs e desfrutar dun entorno natural verde e unha paisaxe auténtica.

Visita teatralizada as Torres do Allo

Novas relacionadas

Fonte

Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios