Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As visitas teatralizadas dan máis vida para o Museo de Santa Comba

As visitas teatralizadas dan máis vida para o Museo de Santa Comba

Ademais de abrir a oficina de Turismo, o Obradoiro de Emprego Proturismo 2017 quere seguir enchendo de vida o Museo de Santa Comba. Para iso preparan xa os alumnos-traballadores do Obradoior unha serie de visitas teatralizadas (que tan b resultado están dando en lugares como o Castelo de Vimianzo ou as Torres do Allo) para Semana Santa. “Pegadas na Terra do Xallas” é o nome elixido para percorrer parte da historia xalleira.

Estas visitas estarán complementadas cunha versión teatralizada que contará a historia do Pazo e dos elementos que alberga a través da narración en primeira persoa de personaxes de distintas épocas. Dende o Obradoiro Proturismo2017 faise unha aposta firme e decidida por dar a coñecer o noso patrimonio e historia a través dunha proposta lúdica pensada para todos os públicos.

Estas visitas están programadas para os próximos 26, 27 e 28 de marzo ás 11:30 h na Casa do Pozo. Os interesados nesta actividade que precisen máis información poderán poñerse en contacto a través do teléfono 663202251 ou a través do enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios