Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As vivendas de Corcubión e Muros recibirán máis de 400.000€ para rehabilitación

As vivendas de Corcubión e Muros recibirán máis de 400.000€ para rehabilitación
Rua Peligros de Corcubion-Foto-David Lourido Rua Peligros de Corcubion-Foto-David Lourido Tras varios anos paralizadas, volven as axudas para a rehabilitación de vivendas para os fermosos cascos históricos de Corcubión e Muros. Así o anuncia a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que vén de aprobar as partidas para as área de rehabilitación integral (ARI) dos cascos vellos. Corcubión contará con 229.165,19€, pero ten que sumar 6.000 euros pendentes de xustificar dos convenios de 2015 e máis de 83.000 euros incluídos nos convenios asinados en outubro de 2017. Pola súa parte, o Concello de Muros recibe 104.849,66 € para o mesmo cometido. Ambos Concellos terán que asinar agora un convenio coa Xunta para que sexa a propia administración local a que abra a convocatoria da axudas, que deberán solicitar os propietarios das vivendas a rehabilitar. Serán axudas para levar a cabo tarefas rehabilitación integral de vivendas particulares, se ben ramén poderán beneficiarse das axudas os propios concellos para actuacións de urbanización do ámbito das ARI e para as oficinas municipais de rehabilitación, que tamén serán financiadas pola Xunta.

Subvencións

O importe das axudas contemplan ata un 40 % do custe subvencionable da actuación. Este límite poderá alcanzar o 75% cando os ingresos da unidade de convivencia sexan inferiores a tres veces o IPREM, cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade ou se acredite que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. A achega máxima da axuda estatal por vivenda será da seguinte contía: • 12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación. • 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida. • 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por construída para as actuacións de mellora da calidade e sostibilidade do medio urbano. • 4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar, durante o tempo que duren as obras e ata un máximo de 3 anos. • 1.000 euros para os concellos por vivenda rehabilitada ou construída, para financiar a xestión e os equipos e oficinas de planeamento, información, xestión e acompañamento social. Cómpre destacar que as axudas incrementaranse nun 25% cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes. O importe das axudas autonómicas terán unha contía máxima: • 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención exceda do 10% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio. • 1.500 euros para os concellos por vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra demolida, para financiar o custo dos equipos e das oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-casa-chao-recibe-o-premio-de-arquitectura-e-rehabilitacion-de-galicia/

Comentarios