Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As Xornadas de Pesca do Pindo botarán outro ollar ao mar na procura da diversificación

As Xornadas de Pesca do Pindo botarán outro ollar ao mar na procura da diversificación
VII Xornadas de Pesca do Pindo 2013

Xa cun perfil de Facebook e todo, a Confraría do Pindo ponse a promocionar as VII Xornadas de Pesca "Pindo Mariño". Este ano o lema é "Outro Ollar o Mar", cunha clara intención de traballar cara a diversificación do sector.

As xornadas terán lugar na vila carnotá do 24 ao 30 de xuño, e como vedes, a imaxe do cartel é esa Farola do Pindo da que nos falou xa Manuel Vilar.

E neste 2013 as Xornadas teñen unha clara visión de futuro, como o sentir da primeira charla que impartirá Juan Manuel Gómez Blanco, de Lonxanet. Unha charla que arincará o venres 28 de xuño, pois durante a semana, dende o luns 24, os protagonistas son os pequenos, que poderán disfrutar de diferentes actividades como Kaiak ou cestería, xa habituais nas Xornadas.

Tamén se falará de gastronomía, outro dos grandes camiños abertos paralelos ao sector pesqueiro. Será Rita Pesqueira do Canto da Balea o que nos intente recuperar antigos sabores o propio venres, antes de que o Proxecto Pentalfa poña o broche musical á primeira tarde de charlas.

Para o sábado 29 de xuño toca Subida ao Pindo, e á volta, recital poético e presentación da Anotloxía Poética do Olimpo Celta con Miro Villar, Chisco Fdez. Naval, Marta Dacosta, Paco Souto, Alexandre Nerium, Rafa Villar... E contra a noite, II concurso de sobremesas típicas, antes da queimada e actuación musical.

Para o domingo queda unha charla sobre novas vías de comercialización con Mario López, de SACE, e outra sobre o traballo no mar de Daniel Fernández Longueira. Antes do xantar, haberá unha mesa redonda sobre pesca responsable e sobre o motor turístico que supón o mar para a nosa zona.

VII Xornadas de Pesca do Pindo 2013

Novas relacionadas

Xornadas de Pesca do Pindo

Fonte

Comentarios