Venres. 29.03.2024
El tiempo

Así opinan os clubs de 2ª e 3ª da Costa antes da reunión coa RFGF

Ponteceso e Esteirana remataron en postos de promocion-Foto-David Antelo e Brais Pos
Ponteceso e Esteirana remataron en postos de promoción-Foto-David Antelo e Brais Pose
Así opinan os clubs de 2ª e 3ª da Costa antes da reunión coa RFGF
O vindeiro xoves 30 de abril, a Real Federación Galega de Fútbol manterá unha reunión telemática cos clubs da Costa de 2ª e 3ª Galicia. Unha xuntanza enmarcarcada na serie de encontros que a RFGF quere ter con todos os clubs de Galicia para tomar medidas sobre como dar por rematada a temporada. O ente federativo quere ver como respiran os clubs, que opinan sobre se dar anulada a temporada (como se vai facer, con toda probabilidade co fútbol base), se respectar os ascensos directos ou mesmo se continuar coas promocións de ascenso como a Federación Española pretende facer na 2ªB e 3ª División.

Xa analizamos a postura dos equipos costeiros da 1ª, destacando que o Dumbría e o Soneira se negaron a xogar un hipotético Playoff. Hoxe queremos ver que opinan os equipos implicados na parte alta da clasificación, deixando claro que aínda non hai ningunha decisión tomada, e que os equipos cos que falamos opinan sobre as posibilidades formuladas pola RFGF como “menos malas”.

Liga da Costa

A Esteirana (na 3ª praza, de promoción, da Liga da Costa) xa fixo pública a súa postura a través do seu presidente, Manuel Abeijón, que que se ben entende razonable dar por rematadas as competicións, parécelle “unha inxustiza o que se intenta facer cos equipos clasificados nos postos de promoción”. Á Esteirana parécelle prematuro tomar decisións agora, cpon añinda 4 ou 5 meses para planificar a vindeira temporada. E pide unha “promoción exprés en xullo ou agosto”.

Dende o Ponteceso (2º clasificado por detrás do Corme) consideran que cómpre agardar ás decisións definitivas. “Tócanos seguir sendo sensatos, responsables e pensar que a saúde ten que ser a prioridade: claro que botamos moito de menos o noso fútbol, e aínda máis pola posición que estábamos na Liga da Costa e o emocionante que se prevía que podía ser o desenlace, pero móvense moitas persoas ao redor deste fútbol afeccionado e debemos ser cautos e esperar a que decidan os que teñen máis información do tema”.

3ª Galicia

O caso da 3ª Galicia é aínda máis especial, unha vez que a temporada xa está rematada. Ademais se efectivamente se respectan os ascensos e non os descensos, a competición quedaría moi coxa para a vindeira temporada, unha vez que quedarían 9 equipo (10 se finalmente volve o At. Pereiriña). En todo caso, dende a RFGF xa aseguraron que aínda que haia 9 equipos buscaríase unha solución para desenvolver a campaña. Mentres Outes e Camariñas contan con ascender, e os Montelouro, Nantón, Laxe e Camelle esperan á decisión con estas posicións iniciais.

Á familia do Montelouro lamenta que “se finalmente non se disputan as promocións a nós perxudicaríanos, pero a situación na que estamos non invita a xogar partidos esta temporada”. Outra cousa, consideran é que “se hai ascensos e non descesos haber con cantos equipos queda a 3ª”.

O presidente do Nantón, Carlos Vidal, ten en conta que “aínda é cedo para tomar decisións”, e pon maio como mes idea para decidir. En todo caso, cre que “4 xornadas de promoción de 3ª e 5 da Liga da Costa poderíanse xogar no verán, en setembro ou en outubro, sempre que isto pase. E para o ano seguinte, unha vez rematadas as competicións si que se podería facer un calendario máis apretado para solventar posibles problemas de datas ou que as ligas volvan rematar moi tarde”.
Analizando como quedarían as cousas o ano que vén se finalmente se respectan os ascensos e non os descenso. “Non vexo moi razonable ter ligas de 20 ou 25 equipos, así como que se ascenda a unha liga para que o ano seguinte baixen 4, 5, 6 ou 7 equipos directos e mailos arrastres. Penso que é unha medida para quedar ben de cara a galería”. En todo caso, o club respectará toda decisión.

Dende Laxe, a súa presidenta María López Souto considera que “aínda é moi cedo para decidir se se xogan ou non na 3ª Galicia. É unha decisión moi difícil porque dependemos todos uns dos outros”, apunta.

Seguramente a decisión definitiva sobre o que vai pasar coas competicións será uns días despois deste encontro, pois o propio presidente xa nos dixo que a decisión non se debería retrasar moito máis deste mes.

Novas relacionadas

Comentarios