Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Asociación Vieiro denuncia un roubo nas súas instalacións

bty
Instalacións da Asociación Antidroga Vieiro, na rúa Vázquez de Parga
A Asociación Vieiro denuncia un roubo nas súas instalacións

O martes pola mañá cando persoal de vieiro accedía ás súas instalacións notaron en falta a pantalla duns dos ordenadores, o que en principio foi un feito desconcertante, xa que unha vez inspeccionado o local non se detectou ningunha outra falta de material estando todo en perfecta orde, tampouco ningunha porta forzada nin ningún cristal roto, tendo en conta que as fiestras contas con rejas de protección.

Unha vez mirando en detalle púidose ver que a fiestra da oficina principal non estaba pechada do todo e apareceron algúns obxectos que estaban á beira da fiestra no chan, polo que se deduciu que abriran a fiestra desde o exterior e a través das rejas con algún obxecto conseguiron tirar da pantalla cara á reja e subtraela.

Os feitos puxéronse en coñecemento da garda civil e tramitouse a denuncia correspondente no cuartel da Garda Civil de Carballo, posteriormente trasladáronse ata as instalacións de vieiro axentes da benemérita para inspeccionar os feitos e iniciar as oportunas investigacións.

Desde Vieiro valórase o incidente como un feito lamentable, deixando de lado o valor do subtraído, xa que a entidade dedícase altruistamente á prevención, información e asesoramiento en temas relacionados coas adicciones e todo o que se faga en contra da súa sé vai en detrimento dos servizos que se prestan ás persoas afectadas.

Desde a entidade tamén se recorda que nas súas instalacións non existen obxectos de especial valor económico, tan só hai o material mínimo de oficina para poder desenvolver o seu traballo.

Novas relacionadas

Comentarios