Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Asociacións de Muxía aprenden a solicitar as subvencións telematicamente da man da nova ADL

Xornada de formacion para as Asociacions en Muxia
Xornada de formación para as Asociacións en Muxía
As Asociacións de Muxía aprenden a solicitar as subvencións telematicamente da man da nova ADL

Nada menos que 20 representantes das asociacións de Muxía acodían á xornada de formación organizada o 18 de febreiro no Concello de Muxía. A nova Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Muxía, a coñecida Anabel Piñeiro, quixo invitar a todas as entidades do termo municipal para que tomen boa nota tanto da nova tramitación electrónica como das subvencións abertas.

Tania Gesto, axente PEL do programa de Concellos Dixitais da Deputación da Coruña, explicou aos asistentes os aspectos relacionados cos certificados electrónicos, os pasos para facer solicitudes tanto na Sede da Deputación (plataforma Subtel) como no Concello ou os requirimentos técnicos necesarios entre outros.

Piñeiro informou das convocatorias abertas tanto da Deputación da Coruña coma da Xunta de Galicia ás que se poden presentar as asociacións do Concello.

Comentarios