Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aspaber e a Fundación Eduardo Pondal asinan un convenio coa Deputación

Aspaber e a Fundación Eduardo Pondal asinan un convenio coa Deputación

Doble sinatura de compromiso do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, con sendas entidades de Bergantiños. As beneficiarias son a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber) e a Fiundación Eduardo Pondal.

Fundación Eduardo Pondal

Ademais, Diego Calvo asinou o convenio de colaboración da institución provincial co programa de actividades de normalización lingüística en 2011 da Fundación Eduardo Pondal. José Luis Fondo Aguiar, o presidente da fundación, alcalde de Ponteceso e presente durante a firma, asegurou que a programación de ambas as entidades no ámbito da normalización lingüística son complementarias, polo que o seu traballo en común permite potenciar calquera iniciativa que impulse e promocione o uso da lingua galega.

A programación durante o 2011 incluíu máis de 40 actividades ao longo do primeiros nove meses do ano. A achega provincial para este programa é de 50.000 euros, o que supón un 80% do orzamento total que ascende a 62.500 euros.

Convenio con Aspaber

A Deputación axudará a Aspaber no financiamiento de obras de reparación no muro de contención que pecha a finca da sede principal da asociación.
Francisco Costa Varela, presidente da entidade e representante da mesma durante a firma, explicou que a súa asociación ten un centro ocupacional, centro de día, residencia e un centro especial de emprego. Toda a asociación presta servizos a 120 usuarios dos 17 concellos da comarca.

O obxecto deste convenio é reparar e estabilzar os muros de contención sufragando gastos xerais e impostos por a execución da contratación. En total, a Deputación achegará 30.809,36 euros correspondentes ao 80% do orzamento total e o convenio terá vixencia desde o pasado 1 de maio do 2011 ata o 30 de abril do 2012.

Novas relacionadas

Comentarios