Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aumenta nun 15% a cifra de visitantes no Faro Vilán

Faro Vilan visitantes
Aumenta nun 15% a cifra de visitantes no Faro Vilán

Xa ofrecían un bo panorama no mes de xullo, e as cifras de visitantes do mes de agosto no Faro Vilán veñen a ratificar que o turismo galego e nacional salvaron verán na Costa da Morte.

A Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, que segue mantendo aberto o único Faro vivo da Costa da Morte, contabilizou durante o mes de agosto un total de 14.574 visitantes, case un 15% mais que no mesmo mes o ano pasado.
Foron máis do doble que no mes de xullo, demostrando que o prato forte do verán costeiro concéntrase no mes de agosto.

O 98% foron visitantes nacionais, sendo o 33% procedentes de Galicia e 65% do resto de España. Dos galegos o 59% eran da Coruña, mentres que entre os turistas nacionais destacan os procedentes de Madrid 36%, seguido dos de Cataluña 16% e Pais Vasco 10%.

Con estes datos, contrastamos tamén as boas cifras que nos ofrece o Dolmen de Dombate, ou o Castelo de Vimianzo, destacando o labor dinamizador do Camiño dos Faros.

Novo horario

Por outra banda, a partir do 2 de setembro, o horario de visita ás instalacións do Faro Vilán de Camariñas pasa a ser de 11:00h a 18:00h de mércores a domingo. (Luns e martes pechado).

Novas relacionadas

Comentarios