Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aurelio Núñez tampouco aporta solucións ao problema cos pediatras

Reunion de Aurelio Nunez coas familais da Costa da Morte polo servizo de pediatria
Reunion de Aurelio Nunez coas familais da Costa da Morte polo servizo de pediatria
Aurelio Núñez tampouco aporta solucións ao problema cos pediatras

Unhas 30 personas asistiron este pasado venres a unha reunión convocada polo deputado, candidato á alcaldía por Carballo, e portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentarip Popular, Aurelio Núñez. E saíron cun agrio sabor de boca. Sobre todo pola falta de solucións que parece ter o goberno da Xunta de Galicia e o PP. Núñez asistiu á reunión, ás presas, acompañado pola voceira do PP local Sandra Vilela, estando presentes o teniente de alcalde de Muxía, o alcalde de Zas e o voceiro do PP de Zas.

- Que tal esa xuntanza?
- “Moi mal, quedamos como estabamos”.

Así de rotunda se amosa unha nai afectada de Muxía que lamentou a actitude do voceiro popular. “Chegou xa con presas, dicindo que non tiña nin 45 minutos para nós, fixo unha introdución contando a situación que xa todos temos coñecido. Que non hai pediatras, nin médicos de cabeceira e o rural ademais é moi dificil de cubrir, e que non queren vir para aquí os médicos”, explica a nai. “Iso vai para longo porque nin sequera poden garantir que vaian cubrir as prazas de vacacións e baixas…”

Vai pa largo o asunto de momento xa non garantizan cubrir as prazas en vacacions e baixas. A reunión soubo a pouco tiña que marchar.

Núñez tirou de argumentario popular, o mesmo que recibiu a Plataforma Zas sen Recortes en Pediatría hai un par de semanas no Parlamento, cando o PP o recibiu a última hora ao ver que todos os partidos da oposición mantiveran xuntanzas coa Coordinadora, pero sen ratificar un só compromiso para solucionar o asunto.

Precisamente, a voceira da a plataforma zaseira, Vanesa Camafreita, explica que “as explicacións aportadas por Aurelio son as de siempre, as mesmas que se nos deron o día da reunión no parlamento de Galicia. Vamos que por ahora que nos apañemos co que hai”, lamenta.

Protocolo

Unha petición que fixo a propia Coordinadora foi que establecera un protocolo de urxencia pediátrica, pois o propio presidente do Parlamento recoñeceu a unha pregunta da socialista Loli Toja que “non existe ningún protocolo de actuación ante as urxencias pediátricas no Concello de Zas”

Que pasa co MIR?

As familias, vendo que non ía haber ningunha outra saída, preguntaron pola posibilidade de sacar máis prazas para o MIR na especialidade, “pero non se acepta”.

Sobre a posibilidade de traer pediatras doutras partes do estado, Núñez botou balóns fora dicindo que depende do goberno central.

Médicos de cabeceira

A única opción viable que barallou Núñez para resolver o problema a curto prazo é propoñer que aos pais e nais se lles permita decidir se queren ser atendidos por un medico de cabeceira cando non temos pediatra en lugar de ter que deplazarse ata Fisterra ou outra vila. De feito, Núñez pensaba que xa se facía así, cando a realidade é que os médicos de cabeceira teñen potestade para rexeitar tratar rapaces.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios