Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Autocine e os Reis, protagonistas da segunda parte do Nadal carballés

Autocine Carballo 2020
Autocine Carballo 2020
O Autocine e os Reis, protagonistas da segunda parte do Nadal carballés

Segue en marcha a singular proposta deste nadal de Carballo para disfrutar do Autocine. De feito, a A Asociación de Hostalaría súmase á campaña “Este Nadal en Carballo” co reparto de bonos para o autocinema, de xeito que por calquera compra mínima de 20 euros no comercio local podes reservar unha praza paras as sesións de autocine que organiza a Concellaría de Promoción Económica para os días 2, 3 e 4 de xaneiro no polígono industrial de Bértoa. Agora tamén podes conseguila consumindo na hostalaría local. Coa túa consumición en calquera dos establecementos que forman parte da Asociación de Hostalaría de Carballo recibirás un bono que terás que activar aquí.

Serán 11 proxeccións cun total de 90 coches por sesión, con pelis para todos os públicos.

Cabalgata por streaming

Cabalgata Virtual Reis Magos 2020

E os outros protagonistas son os Reis, que este ano farán a Cabalgata tamén por streaming. A cabalgata será máis longa que nunca, para evitar aglomeracións, e se poderá ver pola canle de YouTube do Concello de Carballo, das páxinas de Facebook do Concello de Carballo e Cultura Carballo e tamén a través da páxina web www.carballoenrede.com. Arricará ás 17:30h e o percorrido farase público na mesma mañá do 5 de xaneiro na web municipal.

Ademais, os nenos e nenas do noso concello poderán solicitar do 1 ao 5 de xaneiro, a través da páxina web www.carballo.gal, unha recepción virtual con Melchor, Gaspar e Baltasar.

Comentarios