Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A AVV, sindicatos e a oposición cargan ante a crise da auga de Corme

Furgonetas de Espina e Delfin en Corme-Foto-AVV Corme
Furgonetas da concesionaria Espina y Delfin en Corme-Foto-AVV Corme
A AVV, sindicatos e a oposición cargan ante a crise da auga de Corme

Comeza a segunda semana sen auga da traída en Corme. Xa van 10 días dende que apareceron os primeiros síntomas de intoxicacións, e unha semana dende que o Concello comezou a repartir auga embotellada para evitar que as familias bebesen ou manipulasen alimentos coa auga da traída. A pesar de que a empresa concesionaria Espina y Delfín, indicaba o martes que as analíticas daban correctamente, a Xunta comprobou o venres a presencia de bacterias coliformes e clostridium perfringens nas augas cormelás.

8 puntos de reparto

Este luns continúa o reparto de auga embotellada en 8 puntos en horario de 11 a 13 e de 17 a 19, pois ata que a Xunta non corrobore que as intervencións que está realizando Espina y Delfín dan o seu resultado e deixa de haber bacterias. O primeiro sería descubrir o punto de vertido.

plano_corme_puntos_auga

Sindicatos critican á Xunta

CIG, CCOO, CSIF e UGT tamén denuncian que "o brote hídrico de gastroenterite que se ven producindo dende o 26 de setembro en Corme foi xestionado incorrectamente polos responsables da Consellería de Sanidade. Unha vez máis non se entende que un brote de gastroenterite iniciado o sábado 21 de setembro, non se investigase ata o luns 23, expoñendo durante varios días a poboación a riscos para a súa saúde. Denunciamos que non se adoptaran de xeito inmediato as medidas necesarias para o seu control, nin se recollesen as mostras de auga durante eses días para evaluar a súa orixe, a súa incidencia e a súa evolución. Tamén resulta insólito que a Consellería de Sanidade agarde ata o luns 23 de setembro para activar a alerta sanitaria". Lamenta "a falta dun sistema de alertas sanitarias, que demandas as organizacións sindicais e os propios inspectores farmacéuticos, para dar un mellor servizo e protección a poboación en todo o que atinxe a sanidade ambiental".

Veciños e oposición, á carga

Mentres as ducias de afectados obrigaron mesmo a aprazar os partidos de fútbol dos infantís e Veteranos, a activa Asociación de Veciños e a oposición póñense a esixir.
A entidade veciñal piden unha reunion ca delegada de Sanidade, “para que nos informe e nos entregue copias dos resultados destas últimas analiticas e dos anos anteriores”, para solicitar despois unha reunión co alcalde, ao tempo que prepara o seu asesoramento xurídico para defender aos afectados.

Pola súa parte, o novo voceiro do PP pontecesán, Daniel García Cotelo, esixe directamente a dimisión do alcalde, Lois Carballido, tras “xogar coa saúde” dos veciños e “mentir sobre a potabilidade do auga”, en relación ás palabras do alcalde o pasado martes despois de coñecer os primeiros e “bos” resultados que lle trasladara a empresa concesionaria “cando o informe da Consellería de Sanidade é demoledor”.

Cotelo relaciona “crise sen precentes” coas condicións da empresa concesionaria, que “leva 4 anos en precario co contrato caducado”, por iso dende o PP levan “as mans a cabeza coa nefasta xestión desta crise que está a facer o goberno municipal”.

Denuncia que o “Alcalde non está sendo transparente neste asunto”, preguntándose por que “non se informou a veciñanza que en Decembro de 2018 se abríu un expediente ao Concello, por un caso similar”. Cotelo pedirá “formalmente unha comisión de investigación sobre este asunto, esiximos melloras no servizo de augas e a publicación do concurso público do ciclo, de inmediato.”

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios