Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Axenda da completísima fin de semana deportiva da Costa da Morte

Axenda da completísima fin de semana deportiva da Costa da Morte
Cee-Baio-Foto- Jorge Parri

Tras ver o parte de sancións repasamos a axenda deportiva desta última fin de semana de outubro. Unha fin de semana con volei, balonmán, fútbol sala e baloncesto, pero tamén con moito fútbol. I é que esta si que é a primeira fin de semana completa de fútbol da Costa pois este sábado comeza a 1ª Cadete da Costa. Pero atentos aos horarios, que na madrugada do sábado cambia a hora e ás 3:00 volverán ser as 2:00h.

Comezamos o repaso a actualidade futboleira na Preferente, onde o XSC poderá seguir presionando aos de arriba se non falla na casa anet o pechancelas. Ademais, o Dumbría quere seguir aí e visita un Dubra no medio da táboa. Como o rival do Soneira en Vimianzo, un Taboada que buscará dar a sorpresa ante un cadro vimiancés que recupera efectivos tralo descanso da semana pasada.

Complicada xornada para os nosos equipos da 1ª Autonómica. O Fisterra abre a xornada o sábado en Riveira ante un equipo do que se espera algo máis. O Malpica, que se mantén nunha envexable 4ª praza, visita a difícil cancha do Arzúa, que conta sño con 3 puntos menos. O Camariñas recibe a un Amio en zona de ninguén, mentres que o Ponteceso non pode fallar na casa ante o penúltimo.

Na , a xornada disputarase de novo integramente en horario oficial, o domingo ás 16:30h (ollo que cambia a hora na madrugada sábado e ás 3:00h volverán ser as 2:00h). O partido da semana será o Esteirana-Cee con dous equipos que van a por todas. Ademais, o líder quere esquecer a primeira derrota vencendo e convencendo ante a súa parroquia contra o Outes, mentres que o Corme recibirá a un Castriz que sempre pode dar a sorpresa.
Por abaixo, Dumbría B e Cabana necesitan sumar xa a súa primeira e para iso terán que superar a San Lorenzo e Mazaricos respectivamente.

A terá o ollo no interesante Cerqueda-Porteño, unha proba de lume para o líder ante un dos candidatos ao ascenso. Ademais, o Independiente non pode fallar ante un Castrelo que aínda non coñece a vitoria, e o Camelle terá unha complicadísima saída a Lira, no que unha vitoria local metería aos lirachos de cheo na loita. Ademais, o Soneira B quere seguir sumando ante o Xaviña e o Ameixenda non quere que pare a racha ante un Muxía que antes ou despois ten que comezar a gañar.

En Xuvenís, coa xornada completa na tarde sabatina, non haberá enfrontamentos directos entre os de arriba polo sur, mentres que polo norte haberá dous puntos fortes. Sen dúbida, o Ponteceso-Cabana é o choque da xornada, pero o Coristanco-Baio tamén servirá para ver quen dos dous segue o ritmo dos 3 de arriba.

Nas Ligas Galegas, atentos á mañá futboleira do sábado no Conco, con doble enfrontamento dos dumbrieses co Negreira.

Preferente, xornada10

Dubra 28/10 - 16:30 Dumbría
Xallas StComba 28/10 - 16:30 Carral
Soneira 28/10 - 17:00 Taboada

1ª Autonómica, xornada 9

Atl. Riveira 27/10 - 16:30 Fisterra
Ponteceso 28/10 - 16:30 Cacheiras
Camariñas 28/10 - 17:00 Amio
Arzúa 28/10 - 17:00 Malpica

2ª Autonómica, xornada 9

Dumbría B 28/10 - 16:30 San Lorenzo
Esteirana 28/10 - 16:30 Cee
Baio 28/10 - 16:30 Corcubión
Muros 28/10 - 16:30 Buño
Mazaricos 28/10 - 16:30 Cabana
Zas 28/10 - 16:30 Volantes
Corme 28/10 - 16:30 Castriz
Sofán 28/10 - 16:30 Outes
Montelouro 28/10 - 16:30 Carnota

3ª Autonómica, xornada 9

Indep. Carballo 27/10 - 17:00 Castrelo
Lira 28/10 - 16:30 Camelle
Fisterra B 28/10 - 16:30 Baíñas
Muxía 28/10 - 16:30 Ameixenda
Corcoesto 28/10 - 16:30 Nantón
Alcaián 28/10 - 16:30 Coristanco
Cerqueda 28/10 - 17:00 Porteño
  • Descansa Laxe.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 9

Outes 27/10 - 16:30 Xallas StComba
Muros 27/10 - 16:30 Dumbría
Fisterra 27/10 - 16:30 Soneira
Mazaricos 27/10 - 16:30 Esteirana
Cee 27/10 - 16:30 Corcubión

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 9

Ponteceso 27/10 - 16:30 Cabana
Corme 27/10 - 16:30 Camariñas
Laxe 27/10 - 16:30 Malpica
Baio 27/10 - 16:30 Coristanco
Zas 27/10 - 16:30 Muxía

Liga Galega Cadete, xornada 7

Dumbría 27/10 - 12:00 Negreira
Deportivo B 28/10 - 12:00 Bergantiños

Liga Galega Infantil, xornada 7

Dumbría 27/10 - 10:00 Negreira
San Cristobal 28/10 - 12:00 Bergantiños

1ª Cadete, xornada 1

Zas 27/10 - 10:30 Cee
Con. de Carnota 27/10 - 10:30 Muxía
Fisterra 27/10 - 10:30 Xallas StComba
Baio 27/10 - 10:30 Cabana
Outes 27/10 - 10:30 Ponteceso
Porteño 27/10 - 16:15 Coristanco
Esteirana 28/10 - 11:00 Muros
  • O Porteño-Coristanco alternan orde.

1ª Infantil, xornada 6

Coristanco 27/10 - 16:00 Corme
Esteirana 27/10 - 16:00 Sofán
Outes 28/10 - 10:30 Cee
Cabana 28/10 - 10:30 Xallas StComba
Fisterra 28/10 - 10:30 Baio
Ponteceso 28/10 - 10:30 Os Miudos
As Baleas 28/10 - 10:30 Muxía
  • Descansa EMF Vimianzo.

Ligas de Veteranos, xornada 7

1ª División

Vimianzo 28/10 - 10:00 Soneira
Nantón 28/10 - 11:00 Ponteceso
San Lorenzo 28/10 - 11:00 Castriz
Baio 28/10 - 11:00 Corcubión Vet.
San Román 28/10 - 11:00 Cabana
Bértoa 28/10 - 11:45 Coristanco
Camariñas 28/10 - 12:00 Bergantiños
Sp. Zas 28/10 - 12:00 Xv. Bergantiños

2ª División

Corcoesto 28/10 - 11:00 Cerqueda
Porteño 28/10 - 11:00 Agualada
Dep. Carballo 28/10 - 11:00 Malpica
Corme 28/10 - 11:00 Laxe
Leiloio 28/10 - 11:00 Muros
Camelle 28/10 - 12:00 Sofán
At. Milagrosa 28/10 - 12:00 Poniente
  • Descansa Buño.

Un carnotán no Campionato de España

Anxo Fernández foi seleccionado, como vén sendo así toda a temporada, para representar a Galicia, pero nesta ocasion tratase do Campionato de España Cadete 2012, que se celebra este sábado 27 en Gandía. Anxo viaxa xa xunto coa Seleccion Galega de Taekwondo en autobús.

O carnotán será o primeiro taekwondista da Costa da Morte que participa nun campionato de España.
A Federacion Galega de Taekwondo soamente presenta a un deportista por peso, co cal recae sobre Anxo unha gran responsabilidade. Pero tamén para el esta é unha gran oportunidade.


Fútbol Sala Feminino

O Fisober buscara conseguir os primeiros puntos na 1ª División Estatal este sábado como local ante o CFS Bilbao – Tecuni Bilbo, un dos favoritos ao ascenso, tras caer na primeira saída. As da Costa esperan que o Pavillón de Vimianzo tera que ser un fortín, o adestrador local non podera contar para este partido con Myrella Ventura por lesión.

Liga 2ª División Estatal:
- Fisober - CFS Bilbao-Tecuni Bilbo: Sábado ás 18:30h no Pavillón de Vimianzo.

Liga Provincial:
- Esteirana - Fisober B: Sábado ás 19:00h no Pavillón Xose Lago de Esteiro.
Concello de Ponteceso F.S.F. - 5 Coruña F.S.: domingo 28/10/2012 ás 12:30 no Municipal de Ponteceso.


Balonmán

- 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado ás 17:30 no Pavillón de Camariñas recibirán ao Atlético Novás, rival directo, polo que promete ser un partido interesante.
- 1ª Autonómica Feminina: Na vindeira xornada visitará ó Bm Tui.
- 1ª Estatal: Agora tocar viaxar a León, para xogar ante outro dos filiais de Asobal que hai na categoría. Haberá que agardar como evolucionan os lesionados para outro complicadísimo partido, ao que haberá que engadirlle xogar un domingo pola mañá co seu conseguinte viaxe.


Volei

Esta fin de semana as infantís e cadetes despraáanse o sábado á Coruña para xogar contra Liceo ás 10:00h e ás 11:30h, respectivamente. Pola súa parte os infantís viaxarán a Rianxo para xogar ás 11:30h.
O domingo xogan os cadetes de Volei Dumbría en Ames as 12:30h.


Tenis de mesa

Xornada completa a do vindeiro sábado 27 de outubro no ximnasio do CPI de Zas. Será interesante o primeiro encontro entre Anorthosis Vimianzo e Breogán Oleiros "D" donde os da Costa da Morte van a poñelas todas para continuar liderando o grupo.

  • 2ª galega grupo centro:
    - 16:00h: Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "D";
    - 18:30h: Concello de Zas Aquacenit - Breogan Oleiros "D".
  • 3ª galega grupo noroeste
    - 16:00h: Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Trastes;
    - 16:00h: Concello de Zas O Pinar - Oroso Peluqueria Tije;
    - 18:00h: Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Peluqueria Tije;
    - 16:00h: Concello de ZasO Pinar - Oroso Trastes.

Baloncesto

O Clube de Baloncesto Baio, co que colaboran a Xunta de Galicia e do Concello de Zas, comeza a campaña, e o fai cunha saída Estadio Multiusos "Fontes do Sar" - Santiago de Compostela, no que dispitarán un triangular co Obradoiro-Monbús e o Caja Sol Sevilla. A cita será o sábado, 27 de outubro ás 20:30h e a expedición está formada por 45 persoas, contando os pais, nais e rapaces/zas do Clube.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios