Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Axenda da fin de semana na Costa con V

Axenda da fin de semana na Costa con V

Chega cargada, como non podía ser doutro xeito, esta Axenda da fin de semana do ecuador de agosto, patrocinada polo Restaurante El Hórreo. Unha axenda que chega con importantes citas musicais, verbeneiras e festivas.

Sen lugar a dúbidas a cita da fin de semana é o Festival Con V de Valarés, que, o sábado, convertirá a pequena praia de Ponteceso nun lugar de referencia indie para todo o país.
Pero tamén haberá música en clave celta, e por partida doble. A golpe de sábado, teremos a imprescindible cita XIV Festa Folk na Fin do Camiño, en Fisterra, mentres que en Malpica disfrutarán tamén da música folk na V Festa Galega, ademais de celebrar a I Feira Medieval.

As citas musicais non rematan aquí. Teremos o venres tamén a a estrea de Grampoder en Sardiñeiro, son unha nova banda galega formada por ex de The Hommens que de seguro, van dar moito que falar.
Ou poderemos achegarnos o venres a Carballo para ver a Uxía en concerto.

Hai festas a moreas, por suposto, e unha das destacadas son as de Laxe, con especial protagonismo a Representación do Naufraxio de Laxe, toda unha experiencia teatral mariñeira.

De Festas tamén andan por Lira e as súas festas do Mar, por Moraime no seu San Roque e por Olveira co Carme.

Ademais haberá outras citas interesantes, como Feira Solidaria de Camariñas con degustación gastronómica conserveira e un espectáculo de Matemaxia no MAC de Corme, que se poderá ver completado coa habitual sesión de cine da AVV Eduardo Pondal.

Máis información

Fonte

Comentarios