Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Axenda festivaleira, festexeira e cultural da fin de semana

Axenda festivaleira, festexeira e cultural da fin de semana
Axenda patrocinada polo Hotel El Hórreo

Fin de semana do 21, 22 e 23 de setembro de 2012 e a oferta é moi variada na Costa da Morte. Ruta, festas, festivais, teatro... e ata un adianto de fin de ano...

Atentos que como novidades hoxe hai unha espléndida Cata de Viños no Hotel El Hórreo de Corcubión, artellada polo Clube de Cata de Viños da Costa da Morte.

Os festivais son os grandes protagonistas da fin de semana pechando a temporada estival dende Carballo co Festival Xiria Pop durante vernes e sábado, e dende Lariño co Asaghieiras Master Festival durante todo o día do sábado.

Compre destacar tamén o Roteiro circular polo Monte Pindo, que partirá do Fieiro ás 10:00h do sábado.

Ademais poderemos disfrutar de varias festas patronais, entre elas a divertida Festa de Fin de Ano de Corme no marco das Festas dos Remedios. Tamén poderemos ir ás Festas da Santiña de Trasufre, en Muxía, ou ás Festas de O Esto, en Cabana.

Complétanse as citas cun concerto en Sardiñeiro e unha sesión de teatro en Mazaricos.



Máis información

Fonte

Comentarios