Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de Naufraxios, cultura, natureza e moito teatro

Imaxe da homenaxe ao Serpent en 2016
Imaxe da homenaxe ao Serpent en 2016
Unha #AxendaCostadaMorte de Naufraxios, cultura, natureza e moito teatro

Esta segunda fin de semana de novembro chega cargada de teatro, como non podía ser neste Outono cultural. Haberá ademais unhas festas, un festival de música, concertos, magostos, eo encontro de palilleiras, exposicións, saídas e xornadas micolóxicas… Pero a cita máis singular é a que arma Camariñas arredor dos Naufraxios.

Parte costeiro

Segue convulsa a situación meteorolóxica. O venres seguiremos coas baixas temperaturas, e ceos parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes pola mañá, que irán remitindo conforme vaia pasando a xornada. Pero non haberá tregua, porque o sábado afectará de cheo unha borrasca situada sobre Inglaterra, traendo un tempo de tormenta, sobre todo pola mañá.
Para o domingo parece que teremos unha xornada algo máis calmada, aínda con algo de friaxe.
No mar hai varios avisos activos durante toda a fin de semana.

Fin de semana de Naufraxios en Camariñas

Do venres a domingo, o programa dos ‘Naufraxios de Camariñas’ recuperará a importancia do noso patrimonio inmaterial sendo o acto central terá lugar o sábado, 9 de novembro, cando se celebrará o acto conmemorativo no mesmo Cemiterio dos Ingleses polo 129 aniversario da traxedia do ‘HMS Serpen’. (haberá bus)
Pero ademais haberá ‘Ruta das Tapas dos Naufraxios’, e Rutas Marítimas en kaiak e barcos de vela pola ría.

Teatro

- O venres comeza o Ciclo de Teatro de Santa Comba con"A compañeira de piso" de Contraproducións.

- O mesmo venres continúa a Mostra de Teatro de Malpica con “Idiota”, de Rendrum Teatro.

- As Noites Espectaculares levan a Carnota a obra “Tres vellas (polo menos)” con Celso Fernández Sanmartín, “Guti” e Quico Cadaval, na noite do venres.

- A programación de Outono trae a Vimianzo o monólogo Desconexión de Xurxo Cortázar para a noite sabatina.

- O Ciclo de Teatro de Ponteceso trae a obra Señora Supina na noite do sábado.

Outras citas culturais e festexeiras

- Os encontros con activistas de Senda Nova levará a á brava Lorena Marrozos ao Espazo de Natureza de Oza na tarde do venres.

- O Casino de Carballo ten dúas citas esta fin de semana, o venres a presentación do libro A+A de Ricardo de Barreiro, e o sábado o concerto da banda TNT.

- Por Carballo, o venres teremos o Festival Live in Cances, berce do rock bergantiñán, e o sábado un magosto.

- A Xuntanza Palilleiras de Vimianzo unirá no pavillón de a máis 500 palilleiras de todo o país durante a xornada do sábado.

- A tarde do sábado, o mundo da cultura terá a súa cita na Inauguración da exposición de Nano Unzueta en Stoupa.

- Tamén na tarde sabatina, o Espazo Xove de Carballo acolle a proxección do documental feminista Cuidado Resbala".

- O Bar A Eira de Ponteceso acolle a Presentación do libro de de Manuel Monge na tarde sabatina.

- Unha das citas da fin de semana terán lugar en Cee, no Mes da Fundación Fernando Blanco, coa ofrenda floral que abre o programa, e a conferencia sobre naufraxios de Fernando Patricio Cortizo.

- De sábado a luns teremos tamén as Festas de San Martiño de Lariño, Carnota.

Citas ca natureza

- O sábado teremos a segunda cita das Xornadas Micolóxicas de Lumieira cun sábado completo de mañá e tarde.

- O Outono en marcha de Senda Nova marcha o domingo pola Ruta das Férvezas de Carballo.

 

EXPOSICIÓNS

  • O Centro Sociocultural de Baio acolle unha exposición, feita polo alumnado do IES baiés, sobre o noso pasado. Pódese visitar de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas.
  • Tenda Turística Stoupa ten aberta a súa nova exposición de Nano Unzueta de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h, ata o 5 de decembro.
  • A Galería Garabato expón a obra de Noemí D. Neira ata final de novembro.
  • Faro Vilán abre de 11:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:00h de mércores a domingo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos de 11:00 a 19:00. 
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios